Alexandre VI, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 119:
=== Primeira guerra de Nápoles ===
{{AP|Primeira Guerra de Italia}}
O [[Reino de Nápoles]], frecuente campo de confrontación entre aragoneses e franceses, era fonte de conflitos para o papado e para toda Italia. Os [[Casa de Anjou|Anjou]] señorearano noutro tempo, pero conquistado en 1442 por [[Afonso V de Aragón|Afonso V ''o Magnánimo'']], co beneplácito do papa [[Uxío IV, papa|Uxío IV]] pasara a formar parte das posesións da Coroa de Aragón. Cedido en 1458 a [[Fernando I de Nápoles]], fillo ilexítimo de Alfonso V de Aragón, foi rexido por aquel ata a súa morte en xaneiro de 1494. A coroa pasaria por liña directa ao seu fillo [[Afonso II de Nápoles|Afonso II]]; no entanto, o rei de [[Francia]] [[Carlos VIII de Francia|Carlos VIII]], aproveitando o momento sucesorio, aduciu uns lonxanosremotos dereitos ao trono napolitano pola fenecida vía anxevina para reivindicar a súa ocupación. Para ese efecto, despachou un embaixador a Roma en solicitude da investidura do reino de Nápoles, atopándose coa negativa de Alexandre VI, quen comisionou o seu sobrino, o cardeal Xuán Borja, para que coroase a Afonso II. O monarca galo non dubidou entón en mobilizar os seus exércitos á conquista de Italia, como paso previo á liberación de [[Constantinopla]] dos turcos e posterior entrada triunfante en [[Xerusalén]].
[[Ficheiro:Alejandro VI.jpg|miniatura|Imaxe procedente dos arquivos da [[Biblioteca Nacional de España]]]]
O francés irrompeu aclamado en Milán; saudárono como salvador nunha [[Florencia]] abandonada por [[Piero de Medici]] e enardecida polo monxe [[Girolamo Savonarola|Savonarola]]; esmagou con facilidade a escasa resistencia que lle opuxo a cidade de Luca e, sen apenas deterse na súa carreira cara ao sur, alcanzou Roma o último día do ano 1494. Houbo gran expectación sobre o que alí ocorrería; Carlos VIII manifestara a súa intención de depoñer a aquel papa que accedera ao solio Pontificio por simoníacos procedementos e que tan indignamente se comportaba. Alexandre VI, cautelosamente, refuxiouse no [[castelo Sant'Angelo]] aínda que nunca perdeu a calma. Consciente de que non podía opoñerse ao francés pola forza adoptou ante el un talante de cordialidade e ata de aceptación. O conquistador deixouse á súa vez conquistar polos corteses xeitos do pontífice e acabou recoñecendoo como papa lexítimo e expresándolle a súa filial obediencia. Tranquilizados os ánimos, o exército francés proseguiu a súa marcha cara a Nápoles onde entrou en febreiro de 1495. Afonso II abdicara no seu fillo Fernando e fuxira acolléndose á protección da coroa aragonesa. A ocupación de Nápoles polos franceses realizouse sen enfrontamento bélico.
 
Namentres, Alexandre VI iria maquinando o seu xogo. Apenas Carlos VIII traspasou os muros de Roma, o pontífice, aproveitando os receos que o fulgurante avance galo provocaba dentro e fóra de Italia, coaligou na súa contra a [[Ferrara]], [[Venecia]], [[Mantua]], a mesma Milán, máis o imperio de [[Maximiliano I de Habsburgo|Maximiliano I]] e a dobre coroa hispánica ([[Isabel I de Castela]] e [[Fernando II de Aragón e V de Castela|Fernando II de Aragón]]); todo iso, unido aos seus propios exércitos pontificios. Acurralado por todos, Carlos VIII non puido consolidar as súas conquistas e a duras penas logrou retornar a Francia, maltreito o seu exército. Para o papa tratouse dunha vitoria política sen paliativos.
 
Mentres que case toda Italia se unia contra os franceses, [[Florencia]] permanecía apartada da liga. Fanatizados os florentinos polas soflamas visionarias do monxe Girolamo Savonarola, arroxaran aos Medicis dos seus dominios e crearan unha república partidaria de Carlos VIII, «salvador de Italia» segundo as figuracións místicas do exaltado monxe. Foi a actitude política de Savonarola, unida ao seu espírito reformista, o que alarmou a Alexandre VI. O desafiante Savonarola foi excomulgado, sentenciado a morte e queimado vivo en maio de 1498 en Florencia.
 
==Notas==