Abrir o menú principal

Cambios

[[Ficheiro:Wright R1820 Cyclone.jpg|miniatura|Motor antigo, de aviación, con disposición radial dos pistóns.]]
Un '''motor de combustión interna''' (MCI) é un tipo de máquina que obtén [[enerxía mecánica]] directamente da [[poder calorífico|enerxía química]] producida por un [[combustíbel]] que arde dentro dunha cámara de combustión, a parte principal dun motor.
== Historia==
[[Ficheiro:osservatorio ximeniano, modello del motore a scoppio barsanti-matteucci 03.JPG|miniatura|Modelo do motor Barsanti-Matteucci (1853) no [[Osservatorio Ximeniano]] en Florencia]]
A invención pódese remontar a dous italianos: o padre [[Eugenio Barsanti]], un sacerdote [[Escolapios|escolapio]], e [[Felice Matteucci]], enxeñeiro hidráulico e mecánico, que xa en 1853 detallaron documentos de operación e construción e patentes pendentes en varios países europeos como Gran Bretaña, Francia, Italia e Alemaña.<ref>{{cita libro |apelidos= Gallo |nome= Ermanno |ligazónautor= Ermanno Gallo |título= El misterio tras los inventos |url= http://books.google.es/books?id=tFi6wLw5iOgC&lpg=PA1&hl=es&pg=PA275 |ano= 2007 |editorial= Ediciones Robinbook |idioma= es|isbn= 9788496924215 |páxina= 275}}</ref><ref> {{cita libro |apelidos= Klooster |nome= John W.|ligazónautor= John W. Klooster |título= Icons of Invention: The Makers of the Modern World from Gutenberg to Gates |url= http://books.google.es/books?id=WKuG-VIwID8C&lpg=PP1&hl=es&pg=PA221 |ano= 2009 |editorial= ABC-CLIO |idioma= inglés |isbn= 9780313347436 |páxina= 221}}</ref>
 
Os primeiros prototipos carecían da fase de compresión; é dicir, a fase de succión terminaba prematuramente coa pechadura da válvula de admisión antes de que o pistón chegase á metade, o que provocaba que a faísca que xeraba a combustión que empuxa a carreira do pistón fose débil. Como consecuencia o funcionamento destes primeiros motores era deficiente. Foi a fase de compresión a que deu unha eficiencia significativa ao motor de combustión interna, que lograría o reemplazo definitivo dos motores a vapor e impulsaría o desenvolvemento dos [[automóbil]]es, xa que lograba desenvolver unha potencia igual ou maior en dimensións considerablemente moito máis reducidas.
 
As primeiras aplicacións prácticas dos motores de combustión interna foron os motores fóra de borda. Isto foi debido a que o principal impedimento para a aplicación práctica do motor de combustión interna en vehículos terrestres era o feito de que, a diferenza da máquina de vapor, non podía comezar desde parado. Os motores mariños non sofren este problema, xa que as hélices son libres dun significativo momento de inercia.
 
O motor tal como o coñecemos hoxe en día foi desenvolvido polo alemán [[Nikolaus Otto]], quen en 1886 patentó o deseño dun motor de combustión interna a catro tempos, baseado nos estudos do inventor francés [[Alphonse Beau de Rochas]] de 1862, que á súa vez se baseou no modelo de combustión interna de Barsanti e Matteucci.{{cómpre referencia}}
 
==Tipos peincipais==
Os MCI divídense en:
97.951

edicións