Determinación do sexo ZW: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
As [[boa]]s teñen cromosomas Z e W. En 2010 anunciouse o descubrimento dunha femia de ''[[Boa constrictor]]'' que podía producir descendencia sen aparearse cun macho e, por medio de reprodución [[partenoxénese|partenoxenética]], produciu unha descendencia de 22 femias, todas as cales tiñan a dotación cromosómica WW. Aínda que este resultado fora xa conseguido no laboratorio previamente, nunca antes se atopara en circunstancias naturais. Non está claro se todas as crías procedentes dunha femia sen aparear poderán elas despois aparearse con machos, ou se se reproducirán partenoxeneticamente, ou se poderá facer ambas as cousas como a súa nai. Porén, debido aos cromosomas WW que teñen, toda a descendencia que poderían producir sería do sexo feminino.<ref>{{Cita novas| url=http://www.cbc.ca/technology/story/2010/11/03/boa-constrictors-virgin-birth.html | work=CBC News | title=Boa constrictor produces fatherless babies | date=November 3, 2010}}</ref>
 
Nos [[lepidóptero]]s ([[bolboreta]]s e [[couzaavelaíña]]s) atopáronse exemplos de femias Z0, ZZW, e ZZWW. Isto suxire que o cromosoma W é esencial na determinación do sexo feminino nalgunhas especies (ZZW), pero non noutras (Z0). En ''[[Bombyx mori]]'' (o [[verme da seda]]), o cromosoma W leva os xenes que determinan o sexo feminino.
 
== Notas ==