Coevolución: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 19:
 
Un modelo de coevolución é o da [[hipótese da Raíña Vermella]] de [[Leigh Van Valen]], que afirma que "nun sistema evolutivo, cómpre un continuo desenvolvemento simplemente para manter a súa ''fitness'' relativa cos sistemas con cales está coevolucionando".<ref>Van Valen L. (1973): "A New Evolutionary Law", Evolutionary Theory 1, pp. 1–30. Cited in: [http://pespmc1.vub.ac.be/REDQUEEN.html The Red Queen Principle]</ref> Esta hipótese predí que a reprodución sexual permite a un hóspede permanecer por diante do seu parasito durante unha xeración, de xeito similar ao que lle ocorría ao personaxe da Raíña Vermella no libro de Lewis Carrol ''[[Alicia do outro lado do espello]]'' (continuación de ''[[Alicia no país das marabillas]]''). A esencia é que o hóspede se reproduce sexualmente dándolle isto inmunidade sobre o parasito, o cal despois evolucionará tamén en resposta. Isto require que a seguinte xeración repita a secuencia.<ref>Sterns, S. (2009), Coevolution, EEB-122: Principles of evolution, ecology, and behavior, Open Yale Courses, retrieved from http://oyc.yale.edu/ecology-and-evolutionary-biology/eeb-122/lecture-20</ref> [[Thierry Lodé]] puxo a énfase na importancia do [[conflito sexual]] e describiu o papel das ''interaccións antagonistas'' na evolución, dando lugar ao concepto de ''coevolución antagonista''.<ref>{{cite book|last= Lodé|first= Thierry|title= La guerre des sexes chez les animaux, une histoire naturelle de la sexualité|publisher= Odile Jacob|year= 2007|location= Paris|url= http://www.amazon.fr/guerre-sexes-chez-animaux-naturelle/dp/2738119018|isbn= 2-7381-1901-8}}</ref> As estratexias de ramificación da coevolución para a dinámica de poboacións asexuais en ambientes con recursos limitados foron modelados usando as [[ecuacións de Lotka–Volterra]] xeneralizadas.<ref>{{cite journal | quote = The intuition behind the occurrence of evolutionary branching of ecological strategies in resource competition was confirmed, at least for asexual populations, by a mathematical formulation based on Lotka–Volterra type population dynamics. (Metz et al., 1996). | author = G. S. van Doorn, F. J. Weissing |date=April 2002 | title = Ecological versus Sexual Selection Models of Sympatric Speciation: A Synthesis | journal = Selection | volume = 2 | issue = 1-2 | pages = 17–40 | publisher = Akadémiai Kiadó | location = Budapest, Hungary | issn = 1585-1931 | id = 1588-287X | doi = 10.1556/Select.2.2001.1-2.3 | url = http://www.bio.vu.nl/thb/course/ecol/DoorWeis2001.pdf | accessdate = 2009-09-15 }}</ref> Un modelo baseado na dinámica adaptativa e datos experimentais de lonxitudes de flores e da proboscis de insectos, e do néctar consumido e o pole depositado durante a polinización no iris de flores tubulares longas ''Lapeirousia anceps'' polo díptero de longa probóscide ''Moegistorhynchus longirostris'' xerou diversas dinámicas coevolutivas, incluíndo dous tipos de dinámicas de tipo Raíña Vermella: a ramificación evolutiva (apoiada por observacións da coexistencia de iris de tubos florasis curtos e longos nunha soa poboación) e a trampa.<ref>{{cite journal | last1 = Zhang | first1 = F. | last2 = Hui | first2 = C. | last3 = Pauw | first3 = A. | year = 2013 | title = Adaptive divergence in Darwin's race: how coevolution can generate trait diversity in a pollination system | url = | journal = Evolution | volume = 67 | issue = | pages = 548–560 | doi=10.1111/j.1558-5646.2012.01796.x}}</ref> Nalgúns casos, a dinámica de Raíña Vermella implica poucos tipos hóspede-parasito cíclicos dominantes, e esta carreira de armas coevolutiva sen vencedor entre tipos dominantes suprime a expresión doutros tipos raros.<ref name="Rabajante 2016 e1501548">{{cite journal|doi=10.1126/sciadv.1501548|last=Rabajante|first=J|title=Host-parasite Red Queen dynamics with phase-locked rare genotypes|journal=[[Science Advances]]|year=2016|volume=2|pages=e1501548|url=http://advances.sciencemag.org/content/2/3/e1501548|issn=2375-2548|display-authors=etal}}</ref>
Nos virus e os seus hóspedes obsérvase unha carreira evolutiva que é outro exemplo da hipótese da Raíña Vermella. Unha caracterización xeral que se pode facer en moitos virus, que son parasitos obrigados, é que coevolucionaron xunto cos seus respectivos hóspedes. Isto é suxerido polo arranxo xenético similar entre virus e hóspede.<ref>Adrian J.Gibbs, Charles H.Calisher and Fernando Garcia-Arenal. 1995. Molecular basis of virus evolution. 603 pages</ref> As mutacións correlacionadas entre as dúas especies entran nunha [[carreira de armamentoarmamentos evolutiva]]: no hóspede debe evolucionar un mecanismo de defensa para impoñerse ao virus, e o virus debe superar os novos mecanismos de defensa do hóspede para poder reproducirse. Calquera dos dous organismos, hóspede ou virus, que non poida seguir o ritmo evolutivo do outro será eliminado do seu hábitat, xa que a especie coa fitness media maior na poboación sobrevive.<ref name="Rabajante 2016 e1501548"/>
 
== Tipos de coevolución ==