Restauración Francesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Arranxos varios using AWB
m Bot: Substitución automática de texto (- sube + sobe); cambios estética
Liña 25:
== Historia ==
=== A Primeira Restauración ===
A restauración de [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]] ao trono en [[1814]] se puido levar a cabo grazas a axuda do ministro de exterior de [[Napoleón]], <span lang="fr">[[Charles Maurice de Talleyrand-Périgord|Talleyrand]]</span> quen convenceu as forzas aliadas do desexo de restaurar aos [[Borbón]] no trono.<ref>Tombs. 1996. p. 329</ref> Os aliados que habían apoiado a diferentes candidatos nun principio: [[Imperio Británico|Gran Bretaña]] aos Borbóns, [[Imperio Austrohúngaro|Austria]] considerou a rexencia do fillo de Napoleón, [[Napoleón II de Francia|François Bonaparte]], e os [[Imperio Ruso|Rusos]] dubidaban entre o duque de Orleáns [[Luís-Filipe I de Francia|Luís Filipe]] ou [[Carlos XIV de Suecia|Jean-Baptiste Bernadotte]] (antigo [[Mariscal de Francia]] baixo o goberno de [[Napoleón]] que era ademais herdeiro ao trono de [[Suecia]]). Ofrecéuselle a Napoleón conservar o trono ata febreiro de [[1814]], coa condición de que as fronteiras de [[Francia]] volveran as de [[1792]], pero este negouse.<ref>Tombs, p. 329</ref>
 
[[Luís XVIII de Francia|Luís]], en acordo coa Declaración de Saint-Ouen<ref>Furet, p. 271</ref> aceptou a constitución escrita, a [[Carta de 1814]], que garantía unha lexislatura bicameral. O sufraxio estaba limitado aos homes con propiedades considerables, e só un 1% da poboación podía votar.<ref>"Furet, p. 272"</ref>
Liña 31:
[[Ficheiro:La famille royale et les alliées s'occupant du bonheur de l'Europe from NPG.jpg|miniatura|esquerda|Caricatura na que se mostra a Familia Real e os Aliados preocupados pola felicidade de Europa]]
 
Logo da popularidade inicial, [[Luís XVIII de Francia]] tratou de desfacer os avances logrados trala [[Revolución Francesa|revolución]] o que fixo que perdera os seus apoios maioritarios. Actos como o de trocar a bandeira tricolor pola bandeira dos Borbóns, nomearse [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]], como sucesor de [[Luís XVII de Francia|Luís XVII]] quen nunca gobernou, o de adoptar o título de ''Rei de Francia'' en lugar de ''Rei dos Franceses'' e o recoñecemento dos aniversarios das mortes de [[Luís XVI de Francia|Luís XVI]] e de [[María Antonieta de Austria|María Antonieta]] foron significantes para o descontento popular.
 
=== A caída da Primeira Restauración ===
[[Napoleón]] que estaba na [[illa de Elba]] aproveitou un descoido dos seus vixiantes para poder escapar e chega a [[Antibes]] o [[1 de marzo]] de [[1815]], a súa chegada é acollida con clamor en toda Francia excepto en [[Provenza]] onde sempre apoiaron aos [[Borbón|Borbones]]. Sen disparar nin un só tiro, a pequena tropa de Napoleón pasou a converterse nun gran exército que cinco días máis tarde da súa chegada a Francia, chega a [[París]] de onde [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]] fuxira con celeridade. Comezan así os [[Cen Días]] que rematarán coa [[Batalla de Waterloo]] e a caída definitiva de [[Napoleón]].
 
=== A Segunda Restauración ===
Trala caída definitiva de Napoleón en [[1815]], Luís XVIII regresa a Francia. Entre [[1816]] e [[1817]], Luís XVIII rebaixa os impostos durante unhas fames causando a baixada dos prezos e provocando a ira dos terratenentes, fonte de lexitimidade dos Borbóns. Coa morte deste en [[1824]], subesobe ao trono de [[Francia]], [[Carlos X de Francia|Carlos X]]. Aínda hoxe existe un grande debate entre os historiadores sobre cales foron as causas reais que levaron á caída de Carlos X. Considerase, porén, que é desde [[1827]] ata [[1830]] cando unha serie de crises económicas, combinadas co auxe da oposición liberal na Cámara dos Deputados a que fixo caer aos conservadores pro-borbónicos. En [[1830]], o goberno de Carlos X se atopaba con problemas por todas partes. A nova maioría liberal, o auxe da prensa liberal en [[París]], que superaba ao oficial do goberno, indicaban un xiro ata a esquerda dos parisienses. A situación pronto chegou ao extremo a revolución que estalou ese mesmo ano e que rematou con [[Luís-Filipe I de Francia|Luís-Filipe de Orleáns]] como novo ''Rei dos Franceses''. Poñíase inicio á [[Monarquía de Xullo]].
 
== Reis desta etapa ==