Fórmula 1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bandeiras: Arranxos varios, replaced: demáis → demais
m Bot: Substitución automática de texto (- sube + sobe)
Liña 94:
Na primeira fase, de 15 minutos de duración, os 22 coches toman a saída e dan tódalas voltas que desexen dentro do tempo establecido, e dos que 6, os que teñan os peores tempos, son eliminados. A segunda fase ten a mesma estrutura, iniciándose cos 16 coches restantes. Nestas dúas roldas os monoprazas poden cargar todo o combustible que os enxeñeiros das escuderías crean oportuno.
 
Na terceira fase, de tamén 15 minutos, toman parte os mellores 10 coches da segunda fase. Os mecánicos xa deben cargar a gasolina coa que o monopraza vai toma-la saída na carreira, que é pesada antes de saír ó ''pit lane''. A organización repón o combustible utilizado en base a un cálculo de consumo por volta prefixado, e só ten en conta as voltas que baixen do 110% do tempo da ''[[Pole Position|pole]]'', porcentaxe que subesobe ó 120 en caso de que sexan voltas de saída ou de entrada en boxes. En calquera outro caso o combustible non será substiruido.
 
O domingo celébrase a [[Carreira de Fórmula 1|carreira]]. Comeza cunha volta de quecemento, que os pilotos acostuman aproveitar para aumenta-la temperatura dos pneumáticos e ve-lo estado da pista. Despois dela, os pilotos volven á grella de saída colocándose na orde establecida na cualificación e prepáranse para comeza-la carreira en si. Se un piloto non é capaz de arrancar na volta de quecemento e o resto o adiantan, debe comezar dende o derradeiro posto, pero se non é adiantado por tódolos pilotos, pode volver ó seu posto orixinal. Ademais, o condutor ten a posibilidade de saír dende boxes se hai problemas de última hora, tendo que esperar a que pasen todos antes de poder comezar a correr.