Joachim Murat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *fuxe e outros
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 53:
{{VT|Levantamento do 2 de maio|Xunta Suprema de Goberno (1808)}}
 
En [[1808]] entra en [[España]] co rango de comandante xeral do exército e gobernador de [[Madrid]]. Como tal, viviu como protagonista o [[levantamento do 2 de maio]] de 1808, unha verdadeira revolta popular antifrancesa que Murat reprimiría a sangue e fogo: ordeouordenou disparar á multitude que se congregaba ante o [[Palacio Real de Madrid|Palacio Real]] e despois enviou áas tropas que se encontraban acampadas fóra de Madrid para que ocuparan a capital e sufocaran o levantamento. Deu instrucións para levar a cabo un castigo exemplar durante os días 2 e 3 de maio, incluíndo numerosos fusilamentos sen ningún tipo de xuízo. Finalmente, elaborou un detallado informe que sería enviado a [[Napoleón]], que se encontraba en [[Baiona, Francia|Baiona]] (Francia) reunido co rei [[Carlos IV de España|Carlos IV]] e o seu fillo [[Fernando VII|Fernando]]; en dito informe analiza os feitos con tal crueza que Napoleón culpa a pai e fillo do derramamento de sangue e exixe a abdicación de ambos os dous.
 
Cando o infante [[Antonio Pascual de Borbón|Antonio Pascual]] —que o seu sobriño [[Fernando VII]] deixara en Madrid como presidente da [[Xunta Suprema de Goberno (1808)|Xunta Suprema de Goberno]] encargada da [[rexencia]] de España na súa ausencia— escapou da capital cara a Baiona o 4 de maio, Murat presentouse na Xunta Suprema para pedir formar parte dela, recibindo daquela unha negativa inicial; pero volveu presentarse sorpresivamente outra vez, nunha reunión na noite, e os restantes membros, querendo evitar males maiores, aceptárono.<ref name="Murat preside">''Gazeta de Madrid'' de 10 de maio [http://www.boe.es/datos/imagenes/BOE/1808/045/A00442.tif p. 442].</ref>
Liña 67:
E o 25 de maio o propio Napoleón lanzou unha proclama aos españois na que indicaba que non ía reinar en España, confirmando a convocatoria da Asemblea de notábeis en Baiona e, de paso, confirmando no seu posto a Murat.<ref name=proclama />
 
O 6 de xuño, ditou un decreto no que nomeaba ao seu irmán Xosé como rei de España.<ref name=josef /> Ao día seguiente, Napoleón pediulle ao seu irmán, que acababa de chegar a Baiona, que aceptara a corona. Alí foi recoñecido como tal polas autoridades españolas presentes. Xosé aceptou a coroa o 10 de xuño, e confirmou a Murat como Lugartenente do reino. O rei Xosé chegou a Madrid o 20 de xullo, sendo proclamado rei elo 25, acabando con iso a historia da Xunta Suprema de Goberno.
 
== Rei de Nápoles ==
Liña 81:
 
== Abdicación e morte ==
Murat foxe a Nápoles, pero inmediatamente abdica e consegue escapar a Francia xunto a súa esposa. Solicita unha audiencia especial e é recibido por Napoleón nas [[Palacio de las Tullerías|Tullerías]]. Arrepentido, pide perdón ao emperador e solicita o seu vello posto á frentefronte da [[cabalaría]]. Porén, un canso e amolado Napoleón repróchalle as súas traizóns e o seu absurdo ataque aos austríacos, que lle privara dun aliado no sur. Enfurecido ao ver que Napoleón no accede aos seus rogos, toma una postura máis orgullosa e advirte: "Sire, non pode permitirse o luxo de despedirme. Necesítame". Este comentario irrita sobremaneira a Napoleón, que dá por finalizada a entrevista e borra o nome de Murat da lista de mariscais, aínda que lle garantiza o respecto aos seus bens e a súa vida como consideración cara á súa irmá e aos seus sobriños. Xamais volverían a verse.
 
Despois da [[batalla de Waterloo]] e a ulterior caída de Napoleón, Murat e Carolina entenden que non cabe xa esperar clemencia por parte de [[Luís XVIII de Francia|Luís XVIII]] ou dos austríacos. Murat foxe a [[Córsega]], desde onde intenta organizar a reconquista de Nápoles cun plan que imitaba ao que utilizara Napoleón tras a súa fuga de Elba. Desembarcou en [[Calabria]] acompañado por trinta fieis, pero a poboación non só non o recibiu como un liberador, senón que non fixo nada para evitar o seu posterior arresto. Foi encerrado no castelo de Pizzo, onde un [[consello de guerra]] sumario xulgouno, condenándoo a morte e executándoo nunha das salas da fortaleza, concedéndolle como única graza escribir á súa esposa.