Diferenzas entre revisións de «Baluarte»

Arranxos
(Arranxos)
[[Ficheiro:Castelo de Santo Antón na Coruña 14.jpg|dereita|thumb|miniatura|Bastións no [[Castelo de Santo Antón]], na [[A Coruña|Coruña]].]]
 
Un '''baluarte''' (do [[provenzal]] ''baloart'', do [[neerlandés]] ''bolwerk'') ou '''bastión '''(do francés ''bastion'') é unha construción defensiva que se proxecta cara ao exterior na [[muralla]] dunha fortaleza. Definición <ref>[http://portaldaspalabras.gal/dicionario/procura/baluarte/ Definición]</ref>  Adoita situarse nas esquinas dos '"muros de cortina'", como punto forte da defensa contra o asalto de tropas inimigas.
 
Pode ter a forma pentagonal e, neste caso, componse de dúas faces, dous flancos e a liña de gola pola cal se entra á obra. O deseño do baluarte e o feito de que sobresaia do corpo da fortaleza permite cubrir os outros baluartes e os muros de cortina con fogo cruzado.
 
O baluarte era utilizado como plataforma de artillaría, o que obrigaba aoo asaltante a situar as súas [[Batería (exército)|baterías]] de [[Artillería|artillaría]] máis lonxe dos muros, diminuíndo deste xeito a súa efectividade.
 
O bastión foi desenvolvido a finais do [[século XV]] en Italia como parte do chamado trazado italiano e espallouse por toda Europa a principios do [[século XVI]]. A súa adopción é consecuencia da ineficiencia das fortificacións tradicionais (altas e delgadas murallas) ante o canón.<ref>The Estafes Atlas of Medieval Civilizations</ref>
* ''Baluarte medio.'' O que ten unha face e un flanco.
* ''Baluarte plano ou chan.'' O que ten medias golas en liña recta.
* ''Baluarte real.'' O que se constrúe nas extremidades dos polígonos de oitenta a cen [[toesa]]s porque ademais de ser susceptíbel de moitos ena[[trincheira]]mentos e aloxar un crecido número de tropas pode resistir pola súa solidez aosos esforzos das minas e os ataques máis vigorosos.
* ''Baluarte regular.'' Aquel cuxa liñas e ángulos correspondentes son iguais entre si.
* ''Baluarte romo.'' O construído en ángulo entrante.
* ''Baluarte simple.'' Aquel cuxo terraplén coas mesmas dimensións que o da [[cortina (muralla)|cortina]] segue arrodeado polas faces e flancos deixando a consecuencia un espazo baleiro que se utiliza para construír algún edificio como unha [[polvoreira]], por exemplo.
* ''Baluarte baleiro.'' Aquel que non está terraplenado do todo.<ref>Dicionario enciclopédico Popular Ilustrado Salvat</ref>
 
38.304

edicións