Francisco Espoz y Mina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *submeter
Liña 29:
Espoz y Mina pagou o seu esforzo persoalmente: fóronlle matadas catro cabalgaduras e recibiu varias feridas, entre as cales unha bala que se lle aloxou nun xeonllo, que mantivo durante o resto da súa vida. Organizou fábricas ambulantes de armas e municións, que transportaba nos seus movementos e que ocultaba nas montañas. Para cubrir os gastos das súas campañas estabeleceu unha [[alfándega]] na fronteira con Francia, e recibiu unha contribución de 100 onzas mensuais que lle pasaba a alfándega de [[Irún]], [[Guipúscoa]], a fin de que el non impedise as actividades aduaneiras. Acrecentaba os ingresos coas presas tomadas aos franceses, as [[multa]]s impostas a españois sospeitosos de colaboracionismo e as doazóns voluntarias que recibía.
 
A fin de manter, en medio do caos da guerra, as institucións civís, formou un tribunal de xustiza, sito nos seus campamentos, e ao cal os pobos de [[Álava]], [[Guipúscoa]], e aínda os do [[Alto Aragón]], debían submetersometer as diferenciasdiferenzas xurdidas. Mesmo acolleu o tribunal eclesiástico de [[Pamplona]], cidade naquela altura ocupada polos franceses. Nomeado xefe político de Navarra, en 1813, aproveitou a súa dupla autoridade, civil e militar, para favorecer a todo aquel que puidese consolidar as liberdades públicas. Armado pois da espada do soldado e da toga do [[maxistrado]], aunou na súa persoa a forza do Estado, mais rendéndolle xustiza pode afirmarse que nunca abusou dos dous poderes.
 
== A Restauración fernandina: o conspirador ==