Pedro de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Isili0n (conversa | contribucións)
*Enemistade > inimizade.
Liña 1:
'''Pedro de Portugal''', duque de CoimbraCoímbra ([[Lisboa]] [[1392]] - [[1449]]) infante de [[Portugal]] e rexente (1439-1448).
Desde o seu nacemento Pedro foi un dos fillos favoritos do rei [[Xoán I de Portugal|Xoán I]]. O seu pai dotouno dunha educación excepcional. En 1415 viaxou á beira do seu pai e os seus irmáns na expedición portuguesa contra Ceuta, e foi nomeado cabaleiro ese ano. Foi entón cando o seu pai lle concedeu o ducado de Coímbra a el e o ducado de Viseu ó seu outro irmán, [[Henrique o navegante]].
Liña 5:
Cando o seu irmán Duarte I de Portugal morreu o 1438, o seu fillo [[Afonso V de Portugal|Afonso V]] ascendeu ao trono, baixo a rexencia da súa nai [[Leonor de Aragón]]. Pero a rexencia estivo marcada polo conflito debido á súa impopularidade polo feito de ser muller e estranxeira. Así o 1439, Xoán de Portugal, duque de Aveiro, solicitou a xuntanza das Cortes que designaron Pedro rexente do reino, unha opción que satisfixo o pobo e a burguesía. Pero unha parte da nobreza, a que se atopaba ao redor de Afonso de Portugal, medio irmán de Pedro e conde de Barcelos, preferiu Leonor. Comezou unha guerra de influencias e poucos anos máis tarde Afonso logrou ter ó seu sobriño [[Afonso V de Portugal]] baixo o seu dominio político, converténdose no tío preferido do rei.
 
En 1443, nunha postura de reconciliación, Pedro nomeou ó seu medio irmán Afonso, primeiro duque de Braganza. No 1445 Afonso oféndese pola elección dunha filla de Pedro como dona de Afonso V. Indiferente ás intrigas Pedro continuou a súa rexencia, o país prospera e concédense as primeiras axudas para a exploración do [[Océanoocéano Atlántico]] feita por Henrique o navegante.
 
O 9 de xuño de 1448 Afonso V accedeu a maioría de idade polo que Pedro renunciou a rexencia O rei Afonso V por influencia do seu tío Afonso anula tódalas leis e editos de Pedro. Por unha falsa acusación o rei enemístaseamosa inimizade co seu tío e sogro, declarándoo rebelde ao reino. Na [[batalla de Alfarrobeira]] do 20 de maio de 1449, preto de Alverca, Pedro de Portugal resultou derrotado e morto.
 
{{Trobadores galego-portugueses}}