Kaunas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *teve e outros
m Arranxos varios
Liña 42:
En 1862 foi construído un [[ferrocarril]] conectando o Imperio Ruso e [[Alemaña]], e Kaunas tornouse un importante enlace ferroviario. En 1898 a primeira fábrica eléctrica comezou a funcionar. Despois de que [[Vilnius]] fora ocupada polos [[bolxevique]]s rusos en [[1919]], o goberno da [[Lituania|República da Lituania]] fixou a súa sede en Kaunas. Posteriormente, cando Vilnius foi cercada por [[Polonia]], a cidade tornouse na capital interina do goberno lituano, posición que mantivo ata [[1940]], cando Polonia foi dividida entre a Alemaña [[nazismo|nazi]] e a [[Unión Soviética]]. [[Iosif Stalin]] devolveu Vilnius á Lituania, tralo que comezou o cambio da capitalidade. Pero antes da súa conclusión, o país enteiro foi ocupado polos soviéticos.
 
Entre as dúas guerras mundiais, as [[industria]]s prosperaron en Kaunas, e neste período foi a máis grande cidade lituana. Durante a xestión do prefecto Jonas Vileišis (1921-1931), Kaunas creceu rapidamente e tornouse unha cidade moderna. Inaugurouse un sistema de auga e desaugues, que custou máis de 15 millóns de litas (a moeda lituana). A cidade creceu de 18 aos 40  km². Máis de 2500 predios foron construídos, así como tres modernas pontes sobre os ríos Neris e Nemunas. Todas as rúas da cidade foron pavimentadas, os transportes movidos por animais foron substituídos por [[omnibus]] modernos; novos suburbios foron construídos (especialmente na rexión de Žaliakalnis), e creáronse novos parques e prazas. As bases dun sistema de seguro social foron establecidas. Tres novas escolas e novas [[biblioteca]]s públicas foron concluídas, incluíndose a Biblioteca Vincas Kudirka. Vileišis mantivo diversos contactos con outras cidades [[Europa|europeas]], e como resultado Kaunas tornouse activa participante na vida urbana europea.
 
En [[1940]] foi anexada pola [[Unión Soviética]] como parte da república socialista soviética da Lituania.
 
Despois da [[Segunda Guerra Mundial]] Kaunas tornouse a principal cidade industrial de Lituania. Produciu preto de 1/4 da produción industrial da república soviética.
 
Despois da proclamación da independencia lituana en 1991, os soviéticos tentaron neutralizar a rebelión insuflada nas emisoras de radio e televisión situadas en Sitkūnai.
 
== Poboación histórica ==
Liña 90:
 
== Composición étnica ==
Kaunas é unha das cidades que ten porcentualmente máis lituanos no país: uns 93% de súa poboación. A porcentaxe de lituanos na cidade é maior que na capital Vilnius, e hai máis lituanos étnicos en Kaunas que letóns étnicos en [[Riga]] ou [[Estonia|estonianosestonia]]nos étnicos en [[Tallinn]].
 
Composición étnica no 2001: