Immanuel Kant: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *destaque e outros
m Arranxos varios
Liña 42:
Unha das súas obras, en particular, atinxe hoxe en día grande importancia entre os estudosos da filosofía moral. A ''Fundamentación da Metafísica dos Costumes'' considérase por moitos filósofos a máis importante obra escrita sobre a moral. É nesta obra onde o filósofo delimita as funcións da acción moralmente fundamentada e presenta conceptos como o [[Imperativo Categórico]] e a Boa Vontade.
 
Á parte disto, Kant escribiu algúns ensaios medianamente populares sobre historia, política e a aplicación da filosofía á vida. Cando morreu, en [[1804]], estaba a traballar nunha proxectada "cuarta crítica", tendo chegado á conclusión de que o sistema estaba incompleto; este manuscrito foi entón publicado como ''Opus Postumum''.
 
== Filosofía ==
Liña 53:
 
=== Metafísica e Epistemoloxía ===
O libro máis lido e máis influente de Kant é a ''[[Crítica da Razón Pura]]'' ([[1781]]), que resulta dunha experiencia de pensamento notabelmente simple. El dixo: "tente imaxinar algunha cousa que existe fóra do tempo e que non ten extensión no espazo". A mente humana non pode producir tal idea. Tempo e espazo son formas fundamentais de percepción que existen como estruturas innatas da mente. Nada pode ser percibido excepto a través destas formas, e os límites da física son os límites da estrutura fundamental da mente.
 
Kant denominou a súa filosofía crítica como "idealismo transcendental". A pesar de que a interpretación exacta desta frase pueda ser discutible, unha maneira da comprender é a través da comparación de Kant no segundo prefacio á ''Crítica da Razón Pura'' da súa filosofía crítica coa revolución de [[Copérnico]] na astronomía. Kant escribe: