Siouxsie & the Banshees: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 23:
O grupo comezou como unha aventura e acabou levando unha fluída carreira comercial moi representativa do que o punk apuntou e o que o [[post-punk]] puxo en circulación. O nome de '''[[Banshee]]s''' procede do que recibían as míticas fadas mensaxeiras da morte na tradición celta.

A comezos de 1977 Vicious (John Simon Ritchie) uniuse ós [[Sex Pistols]] e Pirroni a [[Adam & the Ants]]. En 1978 un disco pirata seu xa circulaba de man en man, o que demostraba o seu auxe e o interese que espertaban. Ese mesmo ano e coa incorporación de [[John McKay]] á guitarra e [[Kenny Morris]] á batería, gravaron o primeiro sinxelo, o tema "Hong Kong Garden" que acadaría o numero 7 nas listas inglesas e ó que seguiría o seu álbum de estrea, ''The Scream'', producido por [[Steve Lillywhite]] (coñecido produtor dos primeiros traballos de [[U2]]) no selo [[Polydor]]). O son do grupo refumaba unha agresividade punk densa e escura que se acrecentaría no seu segundo traballo, ''Join Hands''. Este LP publicouse en 1979, e inclúe unha versión do clásico "The Lord's Prayer", e os sinxelos "The Staircase" e "Playground Twist" como temas estelares.

A banda consolidouse no mercado británico, e co comezo da xira de promoción do disco [[John McKay]] (guitarrista) e [[Kenny Morris]] (batería) abandonaron a formación, deixando ó dúo Siouxsie e Steve Severin na estacada. A xira completaríase coa axuda de [[Robert Smith]], de [[The Cure]] (que tocaba naquela época de abreconcertos da banda) e Budgie (ex [[The Slits]]). Finalmente Budgie quedaría como membro fixo da formación, mentres que a guitarra cubriríase coa entrada de [[John McGeoch]] (ex [[Magazine (grupo musical)|Magazine]]) no grupo. O seu característico estilo de guitarra con delays e flangers e a súa arte cos arpexos definirían o son Banshee nos anos posteriores.

En 1980 editaron o terceiro traballo, ''Kaleidoscope'', no que tamén colaborou o antigo membro de [[Sex Pistols]] [[Steve Jones]]. O disco é bastante máis sombrío que os seus predecesores, influído polo uso de sintetizadores, e cun son máis limpo e denso, deixando de lado as antigas maneiras punk da formación para acercarse ó nacente son sinistro de bandas da época como [[Joy Division]] ou [[Bauhaus (grupo musical)|Bauhaus]].

O disco chegou ó Top 5 británico, e o sinxelo "Happy House" transformouse nun dos grandes éxitos da banda por esas datas. Desta forma Siouxsie & The Banshees comezaron a súa primeira xira polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
Liña 35:
Tamén en 1981 abriuse e pechouse unha etapa da historia do grupo coa aparición do disco '''Once Upon a Time/The Singles''', que recompilaba tódolos seus sinxelos. Sumidos nunha nube de popularidade anovan o seu son co seu seguinte traballo, '''A Kiss in the Dreamhouse''', publicado en 1982. Resulta máis experimental e psicodélico cós seus predecesores, e nel pódese apreciar unha maior orientación comercial en temas como ''Slowdive''. Malia conter algunhas grandes cancións, o disco pecaba de ser un traballo menor.
Durante a promoción do álbum e en plena xira [[John McGeoch]] sufriu un colapso no escenario debido ó consumo excesivo de drogas, e debeu ser internado nun hospital psiquiátrico en Madrid. [[Robert Smith]] de [[The Cure]] volvería a axudar ós Banshees a concluír a xira, acabando por incorporarse como membro estable á banda.

A comezos de 1983 gravan e editan un sinxelo cunha versión do tema ''Dear Prudence'' dos [[The Beatles|Beatles]], que se transforma no seu maior éxito ata a data. É xusto nese momento cando Siouxsie e Budgie (que acabarían formando matrimonio) aproveitarían para crear un proxecto paralelo, un grupo alternativo, [[The Creatures]], co que gravarían o disco '''Feast''' en 1983. (Este proxecto continuaría no futuro con traballos como '''Boomerang''' en 1990, '''Anima Animus''' en 1999 e '''Hai''' no 2003).
Pola súa parte Steve Severin e Robert Smith formarían [[The Glove]], un proxecto psicodélico no que explotaron a súa parte máis aloucada e desenfadada tras un prolongado consumo de drogas alucinóxenas.

A mediados de 1983 a banda reunifícase para facer una xira e gravar o seu primeiro álbum en directo, '''Nocturne''' (1983) que se edita baixo o seu propio selo discográfico ''Wonderland'', e que está gravado durante unha exitosa actuación no Royal Albert Hall de Londres.
Coa publicación do álbum '''Hyaena''' (1984) e un forte abrandamento do son do grupo, xa totalmente sumidos no pop, reciben as súas peores criticas, comezando así unha pequena etapa de decadencia que se salda coa saída do grupo de Robert Smith, que se centraría definitivamente en The Cure.
Liña 52:

A banda disólvese en 1996 deixando unha simple carta ós seus fans:

{{Cita|"20 Minutes Into 20 Years"

As the "music industry" prepares to relive the heady days of "punk", when confusing the opportunists with the protagonists, it proceeded to sign anything with a safety-pin that could spit, Siouxsie and the Banshees would like to say Thank You and Goodbye.

To our loyal fans and friends for their immitigable support.

To Polydor Records for an amicable split after 18 years.

And to the musicians for their indelible spirit...

Martin McCarrick, Knox Chandler, Jon Klein, John Carruthers, Robert Smith, John McGeoch, John McKay, Kenny Morris, Peter Fenton, Marco Perroni & Sid Vicious.

1996
Liña 74 ⟶ 73:
1976-1996
R.I.P.}}

A principios do 2007 Siouxsie e Budgie divorciáronse, dando por finalizada tanto a súa relacion persoal como a artistica, disolvendo The Creatures.
Liña 109 ⟶ 107:

== Ligazóns externas ==
* [http://www.siouxsie.com www.siouxsie.com] (en inglés)

* [http://www.siouxsiemantaray.com/ www.siouxsiemantaray.com] páxina oficial do novo disco de Siouxsie Sioux (en inglés)

* [http://www.thebansheesandothercreatures.co.uk/ The Banshees & Other Creatures] Completa páxina con moita información sobre a banda. Único sitio recomendado pola páxina oficial. (en inglés)
{{Control de autoridades}}