Voluta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Descrición: Arranxos varios
Liña 8:
Introducida polos gregos e máis tarde teorizada polo arquitecto romano [[Vitruvio]] para os edificios e [[Arquitectura romana|estruturas clásicas]], a voluta non limitou a súa utilización á arquitectura, senón que se utilizou dende sempre nunha ampla variedade de formas de arte. Dende tempos antigos, esta decoración tense encontrado en deseños de [[Mobiliario|mobles]], [[ourivaría]], e [[olaría]]. Por exemplo, existe un tipo de [[cratera]] denominada de volutas por mor da forma das súas asas. Tamén na [[Antiga Grecia]], o [[peiteado]] dalgunhas mulleres da época lembra as volutas dos chapiteis xónicos.
 
Dado que o motivo ornamental despregábase na antigüidade clásica, pasou a ser tamén un elemento común noutras arquitecturas, directa ou indirectamente inspiradas naquela, como a [[arquitectura renacentista|renacentista]], [[arquitectura barroca|barroca]] ou [[arquitectura neoclásica|neoclásica]]: nestes estilos, podería utilizarse en calquera estrutura onde se requirise algún elemento de transición entre as liñas horizontais e verticais<ref>'"Volute" in Koch, Wilfred, ''Baustilkunde'', München , Orbis, 1994.</ref> ou perpendiculares entre si.
 
[[Ficheiro:Violin-scrolls.jpg|150px|miniatura|esquerda|Extremo do mastro en forma de voluta no violín.]]
 
A súa forma segue a ser común na construción de [[instrumentos de corda]], que corresponde, normalmente, á terminación do mastro ou decoración do [[cavilleiro]], coma nos [[violín]]s, [[viola]]s ou [[contrabaixo]]s.