Diferenzas entre revisións de «Igrexa de San Pedro de Bembibre»

m
Arranxos varios
m (Arranxos varios)
 
== Historia ==
A inscrición na porta lateral indica que foi erguida no ano [[1229]] da era hispánica, polo que a data correcta é a de 1191. Algunhas fontes indican que formaba parte dun complexo monástico hoxe desaparecido, cuxa pedra foi empregada para construír, no [[século XV]], o pazo dos condes de San Pedro. Isto explicaría a súa situación, afastada a case un quilómetro de calquera núcleo de poboación.
 
No ano [[1681]] recibiu sepultura neste templo don Xoán Taboada Ribadeneira e Figueroa, primeiro conde de Taboada, nun sartego que representa a figura do finado e inclúe unha inscrición. Este templo estivo vinculado, igual que a parroquia e boa parte do concello, á familia dos Taboada, pola presenza do seu escudo no retablo e a titularidade do camiño que leva a ela dende o pazo, que é privada aínda que se emprega de forma totalmente pública.
 
== Exterior ==
[[Ficheiro:Igrexa de San Pedro de Bembibre - Taboada (Lugo) - Porta Lateral.jpg|miniatura|Portada lateral]]
 
A portada sur ten dobre arquivolta de medio punto e o arco menor decorado con motivos florais; os capiteis do lado esquerdo están ornamentados con decoracións vexetais, e os dereitos, con decoracións animais. Destes últimos, o capitel pertencente á arquivolta representa os mitolóxicos [[grifón]]s. Aquí está a inscrición coa data de construción do edificio.
 
A [[espadana]] é sinxela e é do [[século XVIII]] (a orixinal debeu ser destruída por un lóstrego) e o cruceiro que hai fóra do recinto, do [[Século XIX|XIX]].
 
== Interior ==
O interior é sinxelo: a nave central está cuberta dun teito de madeira e a ábsida dunha bóveda de canón e forno. Os muros construíronse sobre un banco de pedra e cómpre destacar o púlpito, encravado no muro norte, semellante aos dos refectorios dos mosteiros.
 
Na ábsida está o retablo barroco que, entre outras representacións, inclúe o escudo do Condado de Taboada. Detrás deste e no muro norte hai unhas pinturas murais do século XVI descubertas durante os labores de restauración, pois foran recubertas de cal. Á esquerda do púlpito está o sartego de don Xoán Taboada Ribadeneira e Figueroa, primeiro conde de Taboada.
 
== Galería de imaxes ==
393.002

edicións