Illas Kerguelen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
m Arranxos varios
Liña 23:
| [[Poboación]] (2009) || 70-110 estacional
|-
| [[Superficie]] || 7.215  km²
|-
| [[Densidade]] ||
Liña 35:
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:Kerguelen-pos.png|330px|Localización da illa]]
|- style="background-color: #eee;"
|}
 
As '''Illas Kerguelen''' (antes denominadas como '''Illas da Desolación''') constitúen un [[arquipélago]] situado no [[Océano Índico]] meridional, a uns 5000 [[quilómetro|km]] ao sur-sueste de [[Cidade do Cabo]], e a uns 2000  km ao norte das costas da [[Antártida]]. Son posesión de [[Francia]], e como tal están incluídas nos [[Territorios Austrais Franceses]] (''Terres Austrais et Antarctiques Françaises'', '''[[TAAF]]'''). As súas coordenadas están comprendidas entre os 48º35' e 49º54' S / 68º43' e 70º35 E de [[Greenwich]].
O arquipélago está constituído por unha illa principal chamada '''Grande Terre''' de 6.675  km², e máis de 300 pequenas illas, illotes e arrecifes que se dispón ao redor de ''Grande Terre'', o cal outorga ao arquipélago unha superficie total de 7.215  km².
 
A illa principal é radial, con costas moi accidentadas e escarpadas onde abundan os fiordes e as penínsulas que tales accidentes producen. As dimensións da illa son de 150  km lineais de Oeste a Este, e 120  km lineais de Sur a Norte. A altura máxima da illa, e polo tanto de todo o arquipélago, é o pico chamado Mont Ross (1.850 [[metro|m]]), do cal descenden [[ventisqueiro]]s que, na parte occidental, constitúen un extenso [[glaciar]].
 
== Clima ==
O [[clima]] é perhúmedo subantártico, con máis de 1.000 [[milímetro|mm]] de precipitacións ao ano, é dicir, chove ou neva (segundo sexa verán ó inverno) durante máis de 300 días ao ano. A alta humidade ambiental provoca a aparición de frecuentes borraxeiras. As temperaturas máis elevadas danse entre [[xaneiro]] e [[marzo]], superando moi raramente os 10 [[grao centígrado|ºC]]; as máis baixas danse en xullo, chegando a alcanzarse 20 °C baixo cero. Dada a alta humidade e a persistente presenza de ventos, a [[sensación térmica]] é case sempre bastante máis baixa que a [[temperatura]] medida termometricamente.
 
Como se sinalou, ademais de nubrado e pluvioso o clima das Kerguelen é moi ventoso, xa que se atopan na banda eólica dos ''cincuenta brumadores'' que sopran case continuamente desde o cuadrante Oeste. Os refachos de vento alcanzan frecuentemente os 150 [[quilómetro por hora|km/h]], e ata os 200  km/h, aínda que estas cifras varían, como as de temperatura e humidade, segundo as fachadas e altitudes do arquipélago.
 
== Flora ==
 
Existe vexetación na illa, aínda que polas condicións de humidade e de temperatura, é case sempre achaparrada e ''pigmea'': herbáceas, brións, brezos, líquens, manchas de [[tusacs]] e fungos. Non hai arbores nin arbustos, atópanse troncos fosilizados de arbores pertencentes á familia das araucarias, proba de que as illas tiveron un clima máis cálido. Nas augas abundan os ''[[bosque]]s'' de algas xigantes ([[Macrocystis]] e [[Durvillaea]]), que poden alcanzar os 25 m de lonxitude.
 
Unha herbácea [[fanerógama]] típica das Kerguelen é a denominada [[col de Kerguelen]] (''Pringlea antiescorbútica''), moi rica en [[vitamina C]].
[[Ficheiro:Pringlea antiscorbutica.JPG|miniatura|col de Kerguelen]]
== Fauna ==
O arquipélago sitúase na zona de [[converxencia antártica]], onde as augas frías procedentes da [[Antártida]] mestúranse coas augas cálidas derivadas das correntes setentrionais. Por este motivo abundan tanto a fauna mariña como a fauna inmediatamente asociada a ela por razóns ecolóxicas: [[foca]]s, [[lobo mariño]], [[león mariño|leóns mariños]], [[elefante mariño|elefantes mariños]], xunto con [[pingüín]]s (papúas, reais, de penacho, adelia) [[albatros]], [[corvo mariño|corvos mariños]], [[Procellariidae|pardelas]], [[pomba antártica|pombas antárticas]], [[gaivota]]s, ''damiers du Cap'' e [[skuas]].
 
A fauna alóctona aclimatada é bastante variada: [[ovella]]s, [[reno]]s, [[muflón|muflons]], [[coello]]s (introducidos desde [[Suráfrica]] en [[1874]]), [[gato]]s, [[rata]]s e ata [[porco]]s europeos "cimarróns" (aínda que estes foron extinguidos pola caza).
 
== Historia ==
O arquipélago foi descuberto por unha expedición ao mando de [[Yves Joseph de Kerguelen de Trémarec]] en [[1772]]. Durante a segunda metade do [[século XIX]] creouse unha efémera ''república'' de baleeiros. En [[1893]] o estado francés tomou oficialmente posesión das Kerguelen. En 1924 as illas Kerguelen, xunto ás illas [[Illas Crozet|Crozet]], [[Illa Saint Paul|Saint-Paul]], e [[Illa Amsterdam|Amsterdam]], foron anexadas ao ''Goberno Xeral de [[Madagascar]]'' (entón dependencia francesa). Tras [[1955]] e en vistas da inevitable independencia de Madagascar, o estado francés incluíu aos arquipélagos apuntados nas Terras Austrais e Antárticas Francesas ([[TAAF]]).
 
Na actualidade a poboación está composta por un centenar de científicos e as súas familias, cuxa presenza é de carácter temporal, durante o verán austral, instalados na base chamada [[Port-aux-Français]], ao Leste da illa principal.