Abrir o menú principal

Cambios

m
Arranxos varios
[[Ficheiro:Popper 1.jpg|miniatura|dereita|Tumba de Karl Popper]]
'''Karl Raimund Popper''', nado en [[Viena]], [[Imperio Austrohúngaro]], o [[28 de xullo]] de [[1902]] e finado en [[Londres]], [[Gran Bretaña]], o [[17 de setembro]] de [[1994]], foi un filósofo da ciencia [[Austria|austríaco]] e naturalizado inglés. É considerado por moitos como o filósofo máis influente do [[século XX]] en tematizar a ciencia. Foi tamén un filósofo social e político de estatura considerábel, un gran defensor da democracia liberal e un opoñente implacábel do [[totalitarismo]].
 
É talvez mellor coñecido pola súa defensa da [[falseabilidade]] como un criterio da demarcación entre a ciencia e a non-ciencia, e pola súa defensa da sociedade aberta.
 
== Traxectoria ==
 
== A filosofía de Popper ==
Popper cuñou o termo "[[Racionalismo Crítico]]" para describir a súa filosofía. Esta designación é significante e é un indicio da súa refutación do empirismo clásico e do observacionalismo-inductivista da ciencia, que resulta diso. Con todo, algúns académicos, incluíndo [[Ernest Gellner]], defenden que Popper, aínda que non se ve como un positivista, atópase claramente máis próximo desta vía que da tradición metafísica ou dedutiva.
 
Popper argumentou que a teoría científica será sempre conxectural e provisoria. Non é posíbel confirmar a veracidade dunha teoría pola simple constatación de que os resultados dunha previsión efectuada con base naquela teoría se verificaron. Esa teoría deberá gozar apenas do estatuto dunha teoría non (ou aínda non) contrariada polos feitos.
 
O que a experiencia e as observacións do mundo real poden e deben tentar facer é atopar probas da falsidade daquela teoría. Este proceso de confronto da teoría coas observacións poderá probar a falsidade (falsify) da teoría en análise. Nese caso hai que eliminar esa teoría que se probou falsa e procurar unha outra teoría para explicar o fenómeno en análise. (Ver [[Falseabilidade]]).
 
Este aspecto é fulcral para a definición da ciencia. Científico é apenas aquilo que se suxeita a este confronto cos feitos. Ou sexa: só é científica aquela teoría que se poida falsear (refutar).
 
Unha afirmación que non poida confrontarse coa súa veracidade polo confronto coa realidade non é científica. Será talvez unha especulación metafísica.
 
Para Popper a verdade é inalcanzábel, aínda nos debemos aproximar a ela por tentativas. O estado actual da ciencia é sempre provisorio. Ao atoparmos unha teoría non refutada aínda polos feitos e polas observacións, debemos preguntarnos, será que é así ? Ou será que podo demostrar que é falsa ? [[Einstein]] é o mellor exemplo dun científico que rompeu coas teorías da física estabelecidas.
 
Popper debruzouse intensamente coa [[teoría Marx]]ista e coa filosofía que lle é subxacente, de [[Hegel]], retirándolles calquera estatuto científico. O mesmo en relación á [[psicanálise]], cuxas teorías subxacentes non son falseábeis (refutábeis). Tamén criticou a [[Platón]], a quen considerou un tervixesador do pensamento [[Sócrates|socrático]] e un precursor do totalitarismo.
 
== Diferenzas entre Popper e Francis Bacon ==
Comparando o método científico de Karl Popper coa visión [[Francis Bacon (filósofo)|baconiana]] da ciencia, [[Ernest Gellner]] afirma en "Relativism and the social sciences" ("Relativismo e as ciencias sociais"):
 
* ''a definición do método científico de Popper difire da versión [[Francis Bacon (filósofo)|baconiana]] de empirismo pola súa énfase na '''eliminación''' en vez da énfase na '''verificación'''. Porén eles teñen en común un determinado punto: quer nós verifiquemos ou refutemos, de calquera forma facémolo coa axuda de dúas ferramentas e apenas dúas: a lóxica e a confrontación cos feitos. As teorías xúlganse por dous xuíces: consistencia lóxica e conformidade cos feitos. A diferenza entre os dous modelos sitúase apenas en saber '''se os feitos condenan os pecadores''' ou '''canonizan os santos'''. Para o novo Popper había algúns pecadores apropiadamente certificados, mais nunca santos definitivamente canonizados.''
* [http://www.bbc.co.uk/bbcfour/audiointerviews/profilepages/popperk1.shtml Entrevista audio á BBC] {{en}}
 
{{ORDENAR:Popper, Karl}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Popper, Karl}}
[[Categoría:Filósofos de Austria]]
[[Categoría:Filosofía da ciencia]]
380.827

edicións