Patoloxía humoral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Flema > flegma.
m Arranxos varios
Liña 4:
A teoría dos humores sostén que no corpo humano hai catro humores básicos: bile negra, [[bile]] ou bile amarela), flegma e sangue. As proporcións entre uns e outros variaba entre as diferentes persoas, en función da [[dieta]] e da actividade de cada quen, pero mantiñan unha situación de equilibrio dentro de cada individuo. Cando se producía unha diminución (como tal, por unha [[hemorraxia]] ou unha [[diarrea]]) ou un aumento (como tal, na [[obesidade]] ou na conxestión) en calquera deles, a saúde da persoa resentíase e alterábase, no que consideraban enfermidade.
 
Inicialmente os humores eran moitos máis pero Hipócrates concretounos en catro: sangue, flegma, bile amarela e auga. Posteriormente, [[Polybos]] substituíu a auga pola bile negra, trala observación clínica da hematemese, melena ou hemoglobinuria.
 
Partindo desta base etiolóxica, o tratamento que aplicaban os ''físicos'' ían dirixidos a restituír o equilibrio humoral perdido. Para curar o que consideraban exceso de sangue, realizaban [[sangradura]]s, con lancetas ou [[samesuga]]s. Para curar o exceso de bile, aplicaban calor.
 
Os devanditos humores correspondías á idea [[filosofía|filosófica]] grega de que o universo estaba formado por catro elementos básicos: auga, aire, lume e terra, cada un deles dotado dunha propiedade característica: humidade, secura, calor e frío, respectivamente. O equilibrio entre aqueles catro elementos era o que mantiña a harmonía do [[Universo|cosmos]]. Os líquidos orgánicos, os humores, presentaban estas mesmas propiedades: o sangue era quente e húmida; a flegma, (fría e húmida; a bile amarela, quente e seca; e a bile negra, fría e seca, e o seu equilibrio garantía igualmente ese microcosmos que é o home.
 
==Os humores e o temperamento==
[[Ficheiro:Lavater1792.jpg|miniatura|250px|Temperamento flemático, colérico, sanguíneo e melancólico]]
A [[Teofrasto]] débese a relación entre os humores e o carácter das persoas, o seu [[temperamento]]. Segundo esta teoría, naqueles individuos nos que predominaba o sangue eran sociais (temperamento sanguíneo), os que tiñan moita flegma eran calmosos (temperamento flemático), aqueles con moita bile eran coléricos, e nos que dominaba a bile negra eran melancólicos.
 
[[Categoría:Medicina]]