Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
==Localización e características==
É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da [[A Fonsagrada|Fonsagrada]] (ao norte) e [[O Courel]] (ao sur). Os Ancares tiña 10.951 habitantes no 2014, e uns 907 &nbsp;km<sup>2</sup>, polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 12,07 hab/km<sup>2</sup>. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son [[Becerreá]], [[As Nogais]], [[Baralla]], [[Cervantes]], [[Navia de Suarna]] e [[Pedrafita do Cebreiro]].
 
Nos Ancares hai importantes masas forestais de [[Carballo (árbore)|carballo]] e [[bidueiro]], acompañados de [[abeleira]]s, [[cancereixo]]s, [[acivro]]s, [[pradairo]]s e [[teixo]]s. Tamén hai mato abondo, como é o caso das [[uceira]]s e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o [[oso pardo europeo|oso pardo]], en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da [[pita do monte]].