Comarca da Limia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
"Comarca" escríbese en minúscula. Véxase o exemplo que pon o DRAG.
m →‎top: Arranxos varios
Liña 19:
Os concellos que se inscriben nesta depresión son: Xinzo de Limia, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Vilar de Santos, Trasmiras e un pequeno sector de Os Blancos, xa fóra da depresión, o mesmo cós concellos de Calvos de Randín e Baltar, xa na [[serra do Larouco]]. No nordeste, o concello de Vilar de Barrio, xa comeza a situarse na [[depresión de Maceda]], así como nas [[serras centrais ourensás]].
 
A comarca ocupa unha extensión de 801,9  km² e tiña unha poboación de 21.964 habitantes no 2014 ([[IGE]]), cunha densidade de poboación de 27.39 habitantes por quilómetro cadrado. Arredor do 40% desta poboación concéntrase no concello de Xinzo de Limia. Esta comarca está a experimentar un forte proceso de despoboamento, sobre todo nos concellos situados nas zonas montañosas como o de Baltar e o de Calvos de Randín.
 
O cultivo de [[cereal|cereais]] e a [[pataca]], produto con [[denominación de orixe]], predominan na maior parte das terras de [[labradío]]. A maior superficie dedicada ó cultivo da pataca por produtores a título principal dáse, con moita diferenza, nos concellos de Xinzo de Limia e no de Sandiás.
Liña 25:
A Limia é a comarca agrícola extensiva máis importante de [[Galicia]], con 350 familias vivindo exclusivamente da [[agricultura]] e outras 500 dedicadas a ela como unha segunda actividade. No relativo ós cultivos, colléitanse unhas 16.000 [[Hectárea|Has]] de cereais, cun 55% de [[trigo]]; seméntanse unhas 4000 Has de [[pataca]], a maior parte para consumo en fresco, sostendo a única indicación de pataca protexida de Europa. Estes cultivos manteñen un sector de servizos directos ([[fertilizante]]s, [[semente]]s, fitosanitarios, cereais, talleres) moi desenvolto.
 
Nos diferentes concellos atopámonos cun maior ou menor aproveitamento gandeiro, avícola e cunícola, destacando os complexos da cooperativa [[Coren]] nos concellos de Sarreaus e Porqueira. Esta comarca conta con 350 explotacións de bovino, 319 de ovino-caprino, 91 de aves, 71 de porcino e 9 de coellos. Esta capacidade produtiva dá lugar a un sector de transformación e comercialización agrogandeira que xera máis de 150 empregos directos.
 
A actividade industrial máis destacada está relacionada co sector da construción, ([[serradoiro]]s de madeira, [[:wikt:canteira|canteira]]s, [[areeira]]s etc.).
 
A vila de Xinzo de Limia actúa como centro comercial de toda a comarca, concentrando asemade a maioría das actividades industriais e de servizos.
 
== Demografía ==