Amniotas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 29:
* Ver texto

Os '''amniotas''' son aqueles animais nos que os seus [[embrión]]s están rodeados por unha [[membrana]] amniótica. Os [[réptiles]], por exemplo, pertencen a este grupo. O comezar o [[desenvolvemento embrionario]] aparece esta membrana que remata por rodear ao embrión por todos os lados, agás un que é o que o une ao [[saco vitelino]].

Os amniotas son un grupo de [[vertebrado]]s [[tetrápodo]]s que inclúen os [[Mammalia|mamíferos]] ([[Synapsida]]) e os [[saurópsido]]s ([[Réptil|réptilesréptil]]es e [[Dinosauro|dinosaurosdinosauro]]s, incluíndo as [[aves]]).

== Características ==
Os amniotas teñen un [[embrioxénese|desenvolvemento embrionario]] que inclúe a formación de varias membranas: o [[amnio]], o [[córion]] e o [[alantoide]]. Os amniotas desenvólvense directamente nunha forma tipicamente terrestre, con membros e un epitelio espeso e estratificado, en vez de entraren nun estadio larvar seguido de metamorfose como acontece nos [[anfibios]]. Nos amniotas, a transición da periderme cara un [[epitelio]] córneo, é disparada por unha [[hormona]] da [[tiroide]], durante o desenvolvemento embrionario (noutros tipos de animais este proceso dáse por metamorfose). As características embrionicas específicas dos amniotas poden reflectir especializacións dos ovos de maneira que poidan sobrevivir a ambientes máis secos. A dimensión dos ovos e o seu gran contido en [[vitelo]] poden beneficiar o desenvolvemento directo en formas que acadan maiores dimensións.

[[Ficheiro:Anatomy of an amiotic egg.svg|miniatura|esquerda|250px|Anatomía dun ovo amniota
1. Casca
2. Membrana externa
3. Membrana interna
4. Chalaza
5. [[Albume]] externo
6. Albume medio
7. [[Membrana vitelina]]
8. Núcleo
9. Disco xerminativo ([[blastodermo|blastoderma]])
10. Xema amarela
11. Xema branca
12. Albume interno
13. Chalaza
14. Cámara de aire
15. [[Cutícula do ovo|Cutícula]]]]
Liña 49 ⟶ 48:
Os primeiros amniotas, como por exemplo a especie ''[[Casineria kiddi]]'', que vivíu hai cerca de 340 millóns de anos, asemellaban pequenos [[lagarto]]s. Os seus ovos eran pequenos e cubertos dunha membrana grosa. A pesar de que algúns [[anfibio]]s modernos fixeran a posta en terra, eles carecían da característica de posuír o amnio. Este tipo de ovo só se tornou posíbel debido ao xurdimento da [[fertilización]] interna. A membrana exterior serviu de envoltorio como unha protección contra os ambientes menos propicios existentes en terra, á medida que as especies evolucionaban para ter a posta en terra que resultaba máis segura que o ambiente acuático. Pódese asumir que os antepasados dos amniotas puñan os seus ovos en lugares húmidos. Así, os animais de pequeno porte non tiñan gran dificultade en atopar lugares axeitados para a posta.

Nos [[peixes]] e nos anfibios só existe unha membrana interna, tamén chamada membrana embrionaria. Nos amniotas, a anatomia interna do ovo evolucionou algo máis. Novas estruturas desenvolvéronse para tratar cos gases e cos residuos de excreción. Para que se desenvolvesen cascas de ovos máis grosas e resistentes, non había outra alternativa que encontrar novas maneiras de fornecer osíxeno ao [[embrión]], xa que a simple difusión dos gases era insuficiente. Despois de que o ovo tivera desenvolvidas estas estruturas, foi posíbel unha maior sofisticación que permitiu que eles poidesen ser de maiores dimensións e poidesen ser postos en lugares menos húmidos. Ovos maiores significan animais nacidos de maiores dimensións e adultos maiores significan ovos maiores: os amniotas tiñan así a oportunidade de podérense tornar animais de maiores dimensións, en comparación cos seus antepasados. Mais o crecemento real e efectivo non era o maior posíbel, visto que a súa alimentación aínda se baseaba en pequenos [[invertebrado]]s: tiveron que comezar a se alimentar de [[Plantae|plantas]] e de outros [[vertebrado]]s. A exploración de novos [[hábitat]]s que a conquista da terra significou e o progresivo aumento das dimensións corporais, significou outro paso evolutivo para os amniotas, tanto en termos de comportamento como anatómicos.

Existen tres tipos principais de amniotas, que poden diferenciarse pola estrutura do [[esqueleto]] e en particular, polo número de aberturas temporais detrás do ollo. Nos [[anapsida|anápsidos]] non existe ningunha abertura, nos [[Synapsida|sinápsidos]] existe unha e na maioría dos dispsídeos existen dúas.
Liña 75 ⟶ 74:

=== Filoxenia ===

,_______________________ ''[[Pelycosauria]]'' +