Club de Futbol Badalona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Postguerra > posguerra.
m Arranxos varios
Liña 21:
| leftarm2=B0E0E6|body2=B0E0E6|rightarm2=B0E0E6|shorts2=B0E0E6|socks2=B0E0E6
}}
O '''Club de Futbol Badalona''' é o club de [[fútbol]] máis importante da cidade de [[Badalona]] na [[provincia de Barcelona]], [[Cataluña]]. Foi fundado en [[1903]] e xoga no grupo III da [[Segunda División B Española]].
 
== Historia ==
O actual Club de Futbol Badalona fundouse o 15 de maio de [[1903]], co nome de '''Football Bétulo Club''' polo atleta e músico [[Francesc Viñas Bosch]], como unha escisión do '''Bétulo Sport''' (dedicado ao ciclismo, que creara a súa sección o ano 1900). En [[1908]], o club inscríbese nos rexistros federativos co nome de FC Badalona. Primeiro vestiu un uniforme azul e vermello a rallas con pantalón azul e non foi ata [[1913]] que adoptou o azul escapulado.
 
O primeiro terreo de xogo foi a praza do Sol, no barrio de Casagemes. No ano [[1906]] trasladouse ao campo do barrio de Manresà, preto de [[Montgat]]. En [[1933]] produciuse a fusión co '''Artiguense''' que fai que o club opte por cambiar de nome, pasa a denominarse '''Sport Club''' e trasládase ao outro extremo da cidade ao barrio de Artigues. O 11 de outubro de [[1936]], pouco despois do inicio da [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]], inaugurouse o campo da avenida de Navarra cun partido entre o Sport Club e o [[FC Barcelona]].
 
Nos primeiros anos da posguerra o club atravesou moitas dificultades económicas. No entanto, consegue manterse desde [[1947]] a [[1952]] en [[Segunda División Española|Segunda División]].
 
En [[1953]] o club perdeu a categoría e permaneceu en Terceira ata o 1963, chegando á militar durante cinco tempadas consecutivas en Segunda División. A forte crise industrial de principios dos anos setenta afectou ao futbol badalonés que entrou nunha longa etapa de crise. As achegas externas ao club foron practicamente nulas e o club por relevancia co tecido socioeconómico da cidade, era o do baloncesto.
 
Este proceso de decadencia do club parecía condenalo á desaparición nas vésperas de celebrar o seu centenario, pero a fusión coa [[Unió de l'Esport Badaloní]], un club novo e en auxe, propiciada por [[Fermín Casquete]] deu novamente ás á entidade escapulada que ao final da tempada 2003-2004 conseguía o ansiado ascenso á Segunda División B.
Liña 40:
 
== Estadio ==
{{Artigo principal|Camp del Centenari}}
 
[[Camp del Centenari]], fundado en [[1936]], con capacidade para 10.000 persoas. Dimensións 105x65 metros. Situado na Avenida de Navarra rexistrou ultimamente cheos históricos, chegando a facerse a onda por primeira vez na historia no partido que lle proclamou campión de 2ºB contra o [[Centre d'Esports L'Hospitalet|L'Hospitalet]].
 
Está prevista a construción dun novo estadio municipal proxectado polo arquitecto francés [[Dominique Perrault]] para ser construído no ''Torrent de la Batllòria'', que estaba proxectado para a década de 1990, pero que se demorou por desacordos entre a entidade deportiva e o Concello de Badalona.
 
== Datos do club ==
Liña 90:
* {{ESPb}} [[Bernardo Fuentes]] (2009)
* {{ESPb}} [[Antoni Llebaría Pons|Toni Llebaría]] (2010)
* {{ESPb}} [[Manuel Márquez Roca]] (2010/)
 
== Palmarés ==