Juan de Mariana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Afrenta > afronta.
m Arranxos varios
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Fillo natural do [[deán]] da colexiata de Talavera, Juan Martín, e de Bernardina Rodríguez, foi bautizado por iso na Pueblanueva o 2 de abril de 1536. Ao longo da súa vida houbo de soportar moitas afrontas a causa da súa humilde extracción.
 
Estudou [[Arte]]s e [[Teoloxía]] en [[Alcalá de Henares]], nunha atmosfera saturada de [[Humanismo renacentista|Humanismo]]. Alí tivo como mestre de noviciado a San [[Francisco de Borja]]. Profesou na [[Compañía de Xesús]] en 1554 en Simancas.
 
Acabou a súa formación sacerdotal no colexio xesuíta de [[Roma]] onde, a partir de 1561, foi un dos seus profesores, contando entre os seus alumnos ao futuro cardeal [[Roberto Belarmino|Belarmino]], que sería protector de [[Francisco Suárez]]. Logo foi enviado como profesor a [[Palermo]], en [[Sicilia]], e despois a [[París]], onde recibiu o grao de doutor e permaneceu cinco anos ensinando teoloxía sobre todo na Saint Barthélemy. Máis tarde estivo un tempo en [[Flandres]].
Liña 25:
Este tratado, escrito co fin de contravir o [[naturalismo político]] de [[Maquiavelo]], como fixera catro anos antes [[Pedro de Rivadeneyra]] no seu ''Princeps christianus adversus Nicholaus Machiavelum'' (1595), expón en primeiro lugar como ten que ser unha [[monarquía]], e os deberes do rei, que ten que subordinarse como calquera vasalo á lei moral e ao Estado, e despois expón a educación do príncipe cristián seguindo de cerca as teorías de [[Erasmo de Rotterdam]] no su ''Enchiridion''. Propón como máximo valor dun monarca a [[Virtudes cardinais|virtude cardinal]] da prudencia, no seu sentido [[Aristóteles|aristotélico]] e sobre todo debe impedir que os impostos asfixien ás [[produción (economía)|clases produtoras]] do país. Inspirándose en San [[Tomé de Aquino]] xustifica como este a revolución e a execución dun rei polo pobo se é un [[tirano]].
 
A segunda molestia que sufriu foi cando estivo encarcerado durante un ano e medio en [[Madrid]], en 1607, por orde do mesmo [[Filipe III de España|Filipe III]] e do seu [[valido]] o [[Francisco de Sandoval y Rojas|Duque de Lerma]] a causa do libro ''De monetae mutatione'', cuarto dos seus ''Tractatus septem'' (Colonia, 1609), que foi denunciado polas alusións aos ministros que modificaran o peso da moeda.
 
O contido deste libro é o seguinte:
Liña 34:
: V. ''De die mortis Christi'' (O día da morte de Cristo).
: VI. ''De annis arabum'' (Sobre os anos dos árabes).
: VII. ''De morte et inmortalitate'' (Da morte e a inmortalidade).
 
Como pode verse, fóra da historia, os seus intereses ían desde a cronoloxía á filoloxía, a economía ou a moral.
 
Menor importancia tiveron as friccións coa súa orde. Así, o seu ''Discurso de las cosas de la Compañía'' supúxolle a animadversión das xerarquías desta.
 
Home moi ocupado, fixo unha edición de santo [[Isidoro de Sevilla]], e traballou ademais en obras de filoloxía oriental e como predicador, censor de exexeses, colaborador do ''[[Index Librorum Prohibitorum|Índice]]'' e consultor da [[Inquisición]].
 
A súa obra principal son as ''Historiae de rebus Hispaniae libri XX'' (Toleti, typis P. Roderici, 1592). Unha edición posterior máis avanzada do propio recompilador é ''De rebus Hispaniae libri XXX'', que se publicou en Maguncia en 1605. Durante este tempo o autor vertera a edición latina ao castelán, e esta apareceu completa en Toledo en 1601, contendo os trinta libros da edición latina. A obra esténdese desde a máis remota antigüidade até a época dos [[Reis Católicos]].
 
Juan de Mariana foi un historiador obsesionado coa verdade e que apurou a crítica dos cronicóns anteriores até onde era posíbel no seu tempo. Aínda que escribe no latín moderno internacional da época, a raíz do seu pensamento é ''patriótica'', pois pretende expoñer a grandeza do seu país narrando conxuntamente os feitos de todos os reinos hispánicos, pero en torno á súa nación, [[Castela]].
 
A obra estableceu o modelo de prosa historiográfica española para os séculos seguintes, salientando vigorosamente todo o que pode cativar e atraer a atención do lector; coida especialmente as descricións dos lugares onde acaecen os feitos e o patetismo nas arengas e epístolas, así como as consideracións sobre as veleidades da fortuna, tomando por modelos a [[Tito Livio]], [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]] e [[Tucídides]]. En España foi unha obra moitas veces reimpresa e durante cerca de dous séculos foi a obra histórica máis lida na Península. No resto de Europa a obra foi lida sobre todo en [[Alemaña]] e bastante menos noutros países. Foi traducida ao inglés en 1699 por [[John Stevens]].
Liña 56:
* Braun, Harald E. (2007): ''Juan de Mariana and Early Modern Spanish Political Thought.'' Farnham, Surrey (UK): Ashgate Publishing . ISBN 978-0-7546-3962-6.
* Guy, Alain (1985): ''Historia de la Filosofía Española''. Barcelona: Anthropos. ISBN 84-85887-87-5.
* Zanotto, Paolo (2004): [http://www.univ.trieste.it/~etica/2003_2/zanotto.pdf ''Liberalismo e tradizione cattolica. Osservazioni critiche su Juan de Mariana (1535-1624)]'' Roma-Grand Rapids (USA)-Soveria Mannelli (CZ), Acton Institute-Rubbettino Editore (Quaderni dell'Istituto Acton, nº 16).
 
=== Outros artigos ===
Liña 69:
* [http://www.eumed.net/cursecon/economistas/mariana.htm Grandes economistas: Juan de Mariana] {{es}} Consultada o 30/4/2012.
* [http://www.hacer.org/pdf/Beltran00.pdf Instituto Acton Argentina. El padre Juan de Mariana, por Lucas Beltrán] (Estudo introdutorio ao ''Tratado y discurso de la moneda de vellón'' del P. Juan de Mariana. Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, 1987. Publicado orixinalmente en ''La Ilustración Liberal'', nº 11, xuño 2002. {{es}} Consultada o 30/4/2012.
* [http://www.jesushuertadesoto.com/pdf_nuevosestudios/cap11.pdf Juan de Mariana y los escolásticos españoles], por Jesús Huerta de Soto. Versión española do artigo "Juan de Mariana and the Spanish Scholastics", publicado como capítulo I do libro ''Fifteen Great Austrian Economists'', Randall G. Holcombe (ed.), Ludwig von Mises Institute, Auburn, Alabama, 1999, pp. 1-11 1–11. {{es}} Consultada o 30/4/2012.
{{Control de autoridades}}