Queimada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 16:
 
== Orixes ==
[[Ficheiro:Camino de Santiago, May 2008.jpg|miniatura|Recipente no que se elabora a Queimadaqueimada.]]
As orixes da bebida son descoñecidos. Popularmente, á queimada atribúenselle orixes [[celtas]], mais, segundo afirmou en [[1972]] o catedrático de prehistoria da [[Universidade de Santiago]], [[Carlos Alonso del Real]]<ref name="AlonsoDelReal" >[[Carlos Alonso del Real|Alonso del Real, Carlos]]: ''Os orixes da queimada. Capítulo programático dun libro en preparación'', en ''Graal'' Nº 35, 1972, pp. 74 a 82</ref> isto sería imposible, xa que a destilación do [[augardente]] en [[Galicia]] non pode ser anterior á introdución do [[alambique]] (de orixe árabe) a partir do [[século XII]] ou [[XIII]], xa na [[Idade media]]. Así mesmo, sempre segundo Alonso del Real,<ref name="AlonsoDelReal" /> o azucre de cana, un dos seus ingredientes fundamentais, tamén o introduciron os árabes na [[Península Ibérica]] (a difusión do seu equivalente de [[remolacha]] é moi posterior, correspondendo ás [[Guerras Napoleónicas]]) Isto levoulle a atribuírlle orixes medievais á bebida.
 
Liña 22:
 
=== Historia do conxuro ===
O conxuro ou ''"esconxuro"'' tradicional da queimada foi inventado en [[Vigo]] en [[1967]]<ref name="correo">[http://www.elcorreogallego.es/verano/ecg/cita-estival-38-seminaristas/idEdicion-2009-08-06/idNoticia-455432/] A cita estival de 38 seminaristas</ref> por [[Mariano Marcos Abalo]] para unha festa de xogos florais das moitas que entón tiñan lugar nun barco comisado amarrado no porto da cidade.<ref name="Abalo2">[http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2008/10/19/0003_7237455.htm] «Sábese que o conxuro é meu, e iso bástame»</ref> En [[1974]] o seu creador engadiulle as referencias a [[Satán]] e [[Belcebú]] e comezou a representalo na discoteca Fausto d[[Vigo|a Cidade Olívica]].<ref name="Abalo2" /> Por esa mesma época, unha imprenta viguesa comezou a vender copias do esconxuro,<ref name="Abalo2" /> inicialmente sen a súa autorización e logo pagando unha peseta por exemplar vendido,<ref name="Abalo2" /> o éxito fixo que outras empresas comezasen a vender copias pola súa conta, sen ningunha autorización e sen citar o seu nome, o que pode contribuír á crenza de que o esconxuro era dun autor anónimo. No [[2001]], [[Mariano Marcos Abalo]] decidiu rexistrar a propiedade intelectual do esconxuro.<ref name="Abalo1" />
 
== Ingredientes ==