Celestino I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
*Recabar > conseguir.
Liña 1:
conseguía{{PapS-V}}
[[Ficheiro:Coelestinus I.png|miniatura|esquerda|150 px|San Celestino I]]
'''San Celestino I''' naceu e morreu en [[Roma]] e foi papa entre o [[422]] e o [[432]]. Pénsase que era familiar do emperador [[Valentiniano I]]. Combateu os [[Pelaxio|pelaxianistas]] e [[nestorianismo|nestorianos]].
Liña 11:
Xa xurdiran accións na contra da igrexa cristiá polas seitas (maniqueos, pelaxianos, novacianos e outros) que se arrexuntaron coas breves invasións das hordas bárbaras que chegaban até o corazón do imperio. E máxime cando [[Nestorio]] (ou Nestorius) chegou a ser bispo de Constantinopla no [[428]] que, nun principio, contaba co beneplácito de Celestino. Mais uns meses máis tarde escomenzou a levantar sospeitas polos recibimentos agarimosos dos pelaxianos (que Celestino rechazara en [[Roma]]); e por enriba os rumores das ensinanzas na prol da dualidade de [[Xesús]].
 
Como os rumores eran cada vez máis fortes en Roma, Celestino decide que sexa San [[Cirilo de Alexandría]] quen investigue o caso, achando este que Nestorio os profesa de forma aberta, polo que fai un reconto e remíteo a Celestino, quen as tacha de herexía. Mais Cirilo recababaconseguía máis información. Celestino adícase a limpar Roma das herexías do maniqueos e outras que non deixaban paz na relixión. Contou para iso coa axuda de dúas personalidades moi importantes da época: por un lado [[Gala Placidia|Placidia]] que estaba en contacto con Celestino, e pola outra [[Valentiniano III]] (fillo da mesma) que executaba os requerimentos da súa nai. Deste xeito, Celestino, puido excluír a Coelestio (ou Coelestius) xa que parecía ser o discípulo máis asociado a Pelaxio (ou Pelaxius) aproveitando a condena da seita do Consello de Efesio. Firme defensor dos canons antigos, os cales lle fai ver os bispos de [[Illiria]] e aremolina o canones de vella data (que recabara o anterior vicario: o bispo de [[Tesalónica]]), sen os cales non estaba permitido consagrar a ningún bispo ou facer algún concilio. Na mesma liña (o 26 de xullo de 428) escribe aos bispos de [[Viena]] e [[Narbona]] (nos que aproveita para recordalles os canons orixinais, alentados na súa resistencia as pretensións da Sede de [[Arles]]), Cesletino cumpre con iso as observancias do seu predecesor (que segundo os historiadores, non era outro que San [[Sisto III, Papa|Sisto III]]).
 
Co andar do ano [[429]], Celestino dedícase a enviar unhas cartas a San Xermán de Auxerre e San Lupo de Troyes que, á sazón, estaban en [[Bretaña]] (terra nai de [[Pelaxio]]), pero tampouco desperdiciou a ocasión de enviar cartas a uns cantos bispos da [[Galia]], os cales, xunto cos primeiros, logran ir erradicando as herexías da rexión. Non deixa por iso Celestino de coida-los aspectos da Igrexa Romana, centrándose nos santuarios, sendo a máis favorecida a igrexa de Santa María (na zona de [[Trastevere]]) que fora vítima do saqueo bárbaro de Roma; tamén dedicou atención á igrexa de Santa Sabina e decorou o cemiterio de Santa Priscila. Home incansábel que aproveita o resto do tempo para escribir, deixou unhas 16 cartas e un fragmento do discurso sobre a herexía nestoriana. Coa entrada do ano 430, Celestino ordena o [[Sínodo de Roma]] polo cal pide que Nestorio se retracte das súas herexías, non vendo a comparecencia deste; Celestino decide condenar de forma solemne o erros de Nestorio e ordena a San Cirilo que o deixe incomunicado e deposto co aviso de que dispuña de 10 días para retractarse dos seus erros mediante escrita, baixo anatema de non o facer. Cirilo, que xa levaba dende a primavera de [[429]], realizando o seu labor de reconversión na prol de Celestino, nese tempo ata o comunicado presente do [[Papa]], de rebate-la dualidade das persoas en [[Cristo]] e a negación da maternidade divina de María; polo que, en media provisoria, ademais escribe unha carta longa os monxes de [[Exipto]] sobre do tema.