Charles Stewart Parnell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
*Recabar > conseguir.
Liña 11:
En 1877 acadou a presidencia da Liga, principiando unha serie de reunións en privado cos líderes do movemento feniano e conseguindo o apoio da [[Clan na Gael]] na súa loita polo autogoberno irlandés. A cambio, estes pedíronlle que abandonase a vía constitucionalista para apostar claramente pola independencia, que aplicase maior intensidade para resolver o problema agrario, a eliminación de sectarismos e o voto colectivo. Parnell, en liña co seu pragmatismo, aínda que aceptou formalmente o acordo, mantivo un delicado equilibrio mantendo abertas todas as vías posibles sen se decantar claramente por ningunha. O acordo, que recibiu o nome de ''Nova Solución'', aseguraba tamén a viabilidade da loita armada dos fenianos. Parnell asumiu, pola súa banda, a condición de líder principal da ''Nova Solución''.
 
En 1879 fíxose co liderado da Liga Agraria Nacional Irlandesa, que tiña por obxectivo resolver a cuestión da terra en Irlanda. Parnell, con só 32 anos e tras unicamente 4 coma deputado, lograra a esta altura reunir unha coalición política sen precedentes a prol do autogoberno da illa. Nese mesmo ano viaxa a Estados Unidos para recabarconseguir apoios para a súa causa, logrando entrevistarse co mesmo presidente norteamericano, [[Rutherford B. Hayes]], e dar un discurso sobre a cuestión irlandesa na [[Cámara de Representantes dos Estados Unidos|Cámara de Representantes]]. O éxito no seu periplo polos Estados Unidos e máis por [[Canadá]] fixo que o seu colaborador [[Timothy Healy]] o alcumase "rei sen coroa de Irlanda".
 
Tras a súa volta a Irlanda en 1880, e conseguido novamente o escano nas eleccións ao parlamento británico dese ano, a violencia ligada á cuestión agraria incrementouse, malia os consellos do partido de Parnell de non recorrer a ela. Isto provocou a necesidade de multiplicar os mítins políticos ao longo e ancho do país, ao tempo que seguiu acudindo á táctica do boicot para as súas fins. O presidente do Reino Unido, o [[Partido Liberal (Reino Unido)|liberal]] [[William Ewart Gladstone]], quen derrocara aos [[Partido Conservador (Reino Unido)|conservadores]] nas eleccións, impactado perante a relevancia que estaba a adquirir o movemento agrario irlandés, creou unha Comisión Agraria que reducía os arrendamentos e autorizaba a algúns arrendatarios a mercaren as súas granxas. Isto permitiu deter moitos dos desafiuzamentos arbitrarios causantes das revoltas violentas, mais non aqueles cuxa xénese se atopaba no impagamento das rendas.