Fenol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
*Nylon > nailon.
Liña 80:
O fenol é unha substancia manufacturada. En forma pura, o fenol é un sólido branco-incoloro. O produto comercial é un líquido. Pódese detectar o sabor e o cheiro do fenol a niveis máis baixos que os asociados con efectos nocivos. O fenol evapórase máis lentamente que a auga e unha pequena cantidade pode formar unha solución con auga. O fenol inflámase facilmente, é corrosivo e os seus gases son explosivos en contacto có lume.
 
O fenol úsase principalmente na produción de resinas fenólicas. Tamén se usa na manufactura de [[nailon|nylon]] e outras fibras sintéticas. O fenol úsase tamén en produtos químicos para matar [[bacteria]]s e [[Fungo (bioloxía)|fungos]], coma [[desinfectante]], [[antiséptico]], para combater o [[acne]], para producir agroquímicos, policarbonato, no proceso de fabricación de ácido acetil salicílico (aspirina) e en preparacións médicas.
 
Antigamente coñecíase co nome de ácido fénico.