Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Theresa May
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 76:
=== Antes de 1707 ===
{{VT|Historia de Inglaterra}}
Os primeiros seres humanos anatomicamente modernos chegaron ao [[Illas Británicas|territorio no hoxe que hoxe se asenta]] o Reino Unido fai uns 30.000 anos. Ao final do período prehistórico británico, crese que a poboación pertencía, na súa meirande parte, a unha cultura chamada "[[Celtas|céltica]] [[insular]]", que comprendía aos [[bretóns]] [[Illa de Gran Bretaña|británicos]] e os [[gaels]] [[Illa de Irlanda|irlandeses]]. A conquista [[Imperio Romano|romana]], a partir do ano [[43|43 d.C.]], levou á creación da [[provincia romana]] de [[Britania]], que durou 400 anos sur da illa. A era romana foi seguida por unha invasión de [[Colonización|colonos]] [[pobos xermánicos|xermánicos]] [[anglosaxóns]], o que produciu que o territorio ocupado polos bretóns pasase a ser principalmente o que hoxe é [[Gales]], emigrando no [[século V]] cara aá [[Bretaña]] [[Francia|francesa]] e [[Galicia]]. A rexión poboada polos anglosaxóns unificouse como [[Reino de Inglaterra]] cara oao [[século X]]. Mentres tanto, o [[Dalriada|gaélico falantes]] do noroeste de Gran Bretaña ([[Dál Riata]]), con conexións co nordeste de Irlanda e, onde tradicionalmente se supón que emigraron no século V, uníronse aos [[pictos]] para crear o [[Reino de Escocia]] no [[século IX]].
 
En [[1066]] os [[normandos]] invadiron [[Inglaterra]] e, despois da súa conquista, apoderáronse de gran parte de [[Gales]] e [[Irlanda]], e [[Revolución davidiana|asentáronse en Escocia]], introducindo en cada país o modelo [[feudalismo|feudal]] do norte francés e a [[lingua normanda|cultura franco-normanda]]. As elites normandas influenciaron moito ás culturas locais, aínda que tamén asimilando. Posteriormente os reis medievais ingleses completaron a conquista do [[País de Gales]] e fixeron unha tentativa, finalmente infrutuosa, de anexar Escocia. A partir de entón, os escoceses mantiveron a súa independencia, aínda que en constante conflito con Inglaterra. Os monarcas ingleses, a través da herdanza de importantes territorios en Francia e reclamación polo trono francés, estiveron tamén involucrados en conflitos en Francia, sendo o máis coñecido a [[Guerra dos Cen Anos]].
Liña 107:
O Reino Unido atópase entre as [[latitude]]s 49° e 61° [[norte|N]], e [[lonxitude]]s 9° [[Oeste|W]] e 2° [[Leste|E]]. O ''Royal Greenwich Observatory'', situado preto da cidade de [[Londres]], é o punto definitorio do [[Meridiano de Greenwich]]. En canto a fronteiras terrestres, [[Irlanda do Norte]] limita durante 360 quilómetros coa [[República de Irlanda]]. A lonxitude da costa de Gran Bretaña é de 17.820 quilómetros. Esta illa está conectada con [[Europa]] continental grazas ao [[Eurotúnel]], que parte de Folkestone (preto de [[Dover]]) até chegar a Coquelles (preto de [[Calais]]), esta obra de enxeñaría ten unha lonxitude de 50 km, 38 deles baixo a auga, que fan que sexa o túnel submarino máis longo do mundo.
 
[[Inglaterra]] representa máis da metade da superficie total do Reino Unido, abarcando 130.395 quilómetros cadrados. A maioría do país está formado por terras baixas, con areas montañosas cara oao noroeste, incluíndo as montañas de [[Cumbria]] do Lake District, os [[Peninos]] e os outeiros de [[calcaria|pedra calcaria]] do Peak District, Exmoor e Dartmoor. Os principais ríos e esteiros son o [[río Támese|Támese]], o [[río Severn|Severn]] e o [[río Humber|Humber]]. A montaña máis alta de Inglaterra é o Scafell Pike (978 [[msnm]]) no Lake District. Outros ríos importantes son o Tees, o Tyne, o Tweed, o Avon, o Exe e o Mersey.
 
[[Escocia]] representa un pouco menos dun terzo da superficie total do Reino Unido, cubrindo 78.772 quilómetros cadrados, e entre eles case 800 illas, principalmente ao oeste e ao norte da illa principal, as máis destacadas son as [[Hébridas]], as [[Órcadas]] e as [[Shetland]]. O principal trazo característico da [[topografía]] escocesa é a [[Falla|falla xeolóxica]] das [[Highlands]] que atravesa o país dende [[Arran]], ao oeste, até [[Stonehaven]], ao leste. Está liña da falla separa dúas rexións claramente diferenciadas: as [[Highlands|terras altas ao norte e ao oeste]] (''Highlands'') e as [[Terras Baixas Escocesas|terras baixas do sur e do leste]] (''Lowlands''). As terras altas, a rexión máis agreste, contén a maioría das terras montañosas, incluíndo o [[Ben Nevis]], que con 1.343 [[msnm]] é o punto máis alto das [[Illas Británicas]]. As terras baixas, en especial a estreita franxa entre os [[estuario]]s de [[Estuario de Clyde|Clyde]] e o [[Estuario de Forth|Forth]], coñecida como o ''Central Belt'', é o lugar de residencia da maioría da poboación, incluída a cidade de [[Glasgow]], cidade máis poboada de Escocia, e [[Edimburgo]], a súa capital.