Diferenzas entre revisións de «Natación»

* [[medley (natación)|medley]]
 
Cada un deses estilos ten especificacións en canto á posición do tórax do atleta e ao movemento de pernas e brazos. No estilo crawlcrol, por exemplo, o atleta posiciónase co peito voltado para o fondo da piscina, en posición horizontal no nivel de auga; os brazos saen da auga en posición paralela ao corpo, xogándose para fronte por riba da auga, alternadamente (en canto un vai para diante, o outro brazo volta para tras por baixo da auga); as pernas móvense para diante e para tras tamén alternadamente. Xa no nado bolboreta, o atleta tamén fica co peito voltado para o fondo da piscina, mais xoga os dous brazos ao mesmo tempo para fronte e produce un movemento tamén sincronizado coas pernas, para riba e para baixo. No nado de costas o atleta fica co peito voltado para riba, e as costas voltadas para o fondo da piscina.
 
A piscina oficial de competicións mide 50 metros de longo. Debe conter 8 raias, separando corredores de 2,5 metros de ancho, cun espazo suplementario mínimo de 20 centímetros ao lado das raias externas. A profundidade debe ser igual ou superior a 1,35 metros. A auga debe estar a unha temperatura entre 25 °C e 28 °C nas competicións.
29.119

edicións