Cazón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 40:
Tamén se consume na zona do [[golfo de México]], moi particularmente na [[Estado de Campeche|baía de Campeche]]. A gastronomía [[Estado de Campeche|campechana]] é famosa en [[México]] por un prato denominado ''"pan de cazón"'', consistente en capas sucesivas de ''tortillas'' (de millo) untadas de [[feixón]]s refritos, e recheas de cazón desmiuzado e cuberto todo cunha [[salsa de tomate]], e acompañado de rebandas de [[aguacate]].
 
En [[Venezuela]], o cazón utilízase para moitos pratos de comida, sendo o máis típico a empanada de cazón e/ou arepas, con cazón fervido e aliñado con cebola, pemento moído, pemento picante etc; faise un guiso e con isto prepárase un moitas comidas. Consúmese maiormente na [[illa de Margarita]] e en todo o oriente do país. CoCon el prepárase unha torta chamada nesa rexión ''torta de cazón'', que se acompaña con rebandas de [[banana|plátano]] frito. Tamén é moi coñecido o chamado ''pabellón margariteño'', no que se substitúe a [[carne]] mechada do tradicional ''pabellón criollo'' polo mencionado guiso.
 
== Consumo sustentábel ==