Igrexa católica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Orixe: diferenza
Isili0n (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4005994 de Elisardojm (conversa) É o verbo diferenciar non o substantivo diferenza.
Liña 102:
A fe católica e a fe cristiá en xeral están baseadas na vida, palabra e obra de [[Xesús de Nazaret]], tal e como vén contada nos [[evanxeo]]s; así como noutros textos do [[Novo Testamento]], como as epístolas paulinas, as epístolas católicas e o libro da [[Apocalipse]].
 
Algo que diferenzadiferencia á fe católica doutras doutrinas cristiás é o recoñecemento da santidade, entendida como capacidade das persoas que viviron de acordo coa lei divina para interceder entre Deus e os homes para á realización de milagres. Polo tanto, a fe católica integra os evanxeos co exemplo das persoas recoñecidas oficialmente como santos e santas. (Véxase o [[santoral católico]].)
 
Segundo a doutrina católica, [[Xesús]] fundou unha comunidade cristiá xerárquica e con autoridade, dirixida polos apóstolos (o primeiro dos cales era [[Pedro, papa|san Pedro]]). Posteriormente (segundo os [[Feitos dos apóstolos]]), os [[apóstolo]]s e dos primeiros seguidores de Xesús estruturaron unha igrexa organizada, ao repartir responsabilidades entre bispos, presbíteros e diáconos, a medida que ían propagando o cristianismo.