Hinduísmo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ioga: arranxiño
Liña 72:
Xeralmente considérase que o sistema de Ioga xurdiu da filosofía [[Sankhya|Samkhya]]. Entrementres o ioga referido aquí, é especialmente o [[Raxa Yoga]] (ou unión a través da meditación). E basease nun texto (que exerceu grande influencia) do santo [[Patanxali]] titulado [[Ioga Sutras]], e é esencialmente unha compilación e sistematización da filosofía do Ioga meditacional. Os [[Upanishads]] e o [[Bhagavad Gita]] tamén son textos indispensábeis no estudo do [[Ioga]].
 
A filosofía Sankhya é anterior ao [[Bramanismo]], filosofía que deu orixe ao hinduísmo, como coloca o eminente indólogo [[Heinrich Cimmer]] no seu clásico Filosofías da India. Patanxali, monxe do sur da India, onde até hoxe a tradición tamil preserva elementos das filosofías prevédicas, tiña formación no sistema sankhya-ioga, indisociábel. O Sankhya compilouse ben antes de Patanxali (que viviu no século [[Século -II|século II a.C.]], por [[Kapila]], que viviu pouco tempo antes de [[budismo|Buda]]. Unha diferenza importante entre sankhya e bramanismo é que o primeiro é dualista, e o segundo monista, mais ambos ven o espírito, ou Deus, como imanente e transcendente ao mesmo tempo.
 
A diferenza máis significante de Samkhya é que a escola de ioga non soamente incorpora o concepto do [[Ishvara]] (ou Deus persoal) nunha visión do mundo metafísica, senón que tamén sustenta Ishvara como un ideal sobre o cal meditar. A razón é que Ishvara é o único aspecto de [[purusha]] (do infinito Terreo Divino) que non se mesturou con [[prakrti]] (forzas criativas temporais). Tamén utiliza as terminoloxías [[Brahman]]/[[Atman]] e conceptos profundos dos [[Upanishads]], adoptando unha visión vedántica monista. A realización do obxectivo do Ioga coñécese como [[moksha]] ou [[samadhi]]. E, como nos Upanishads, busca o despertar ou a comprensión de Atman como sendo nada máis que o infinito Brahman, a través da (mente) ética, (corpo) físico meditación (alma) o único branco das súas prácticas é a 'verdade suprema.'