Diferenzas entre revisións de «Noruega»

corrixo *destaque
m (→‎Ligazóns externas: wikivoyage)
(corrixo *destaque)
Tomando en conta que a terceira parte de Noruega atópase en zonas glaciais e que a maior parte está a máis de 300 msnm, compréndese que o clima noruegués é moi frío, pudendo ser o [[clima]] [[clima oceánico|oceánico]], [[clima continental|continental]], subártico ou alpino, con veráns suaves e [[inverno]]s longos e rigorosos, con ventos fortes e alta precipitación de [[neve]]. Porén, a diferenza dos outros países [[Escandinavia|escandinavos]], unha gran faixa litoral do país, á beira do [[Mar do Norte]] e do [[Mar de Noruega]], está quecida pola [[corrente do Golfo]], así pois as correntes atmosféricas que flúen polo suroeste e sur, protexen o país das correntes frías do Polo norte, facendo que mesmo no mes máis frío, [[xaneiro]], haxa rexións con temperaturas medias superiores a 0 °C, sendo máis común precipitacións en forma de [[choiva]] que de [[neve]]. A temperatura máis alta rexistrada no país foi 35,6 °C en Nesbyen, mentres a mínima foi -51.4 °C en Karasjok.
 
En canto as precipitacións as rexións situadas ao oeste dos [[Alpes]] [[Escandinavia|escandinavos]] (Verstlandet e Nordland) son as máis húmidas de Europa, debido á onda orográfica. [[Brekke]] recibe abundantes precipitacións anuais con máis de 3575 mm de media. O outono e comezos do inverno son os meses máis húmidos e os meses de abril a xuño os máis secos. Polo xeral o interior dos fiordes é máis seco que a costa. O número de días ao añoano con ao menos 3 mm de precipitacións é de 77 en [[Oslo]], 96 en [[Kristiansand]], 158 en [[Bergen]], 93 en [[Trondheim]] e 109 [[Tromsø]].
 
== Política e goberno ==
[[Ficheiro:Ewf 7092 noorwegen 2007.jpg|miniatura|O [[bacallau]] ten sido exportado dende [[Lofoten]] dende fai máis de 1000 anos.]]
{{Artigo principal|Economía de Noruega}}
A economía norueguesa é próspera, co [[capitalismo]] de benestar caracterizado por unha combinación da actividade do mercado libre coa intervención do goberno. As áreas chave están baixo o control do goberno, tales como o sector vital do [[petróleo]], ou as empresas de estado en gran destaque. O país está dotado de ricos [[recurso natural|recursos naturais]], petróleo, [[enerxía hidroeléctrica]], [[peixe]]s e [[mineral|minerais]], sendo altamente dependente da súa produción e dos prezos internacionais do petróleo. En [[1999]], o petróleo e o gas sumaron o 35% das exportacións, sendo soamente [[Arabia Saudita]] e [[Rusia]] os únicos países que exportaron máis petróleo que Noruega.
 
Noruega optou por permanecer fóra da [[Unión Europea]], a través dun [[referendo]] en [[1972]], e outra vez en novembro de [[1994]]. Con todo tanto Noruega como [[Suíza]], [[Islandia]] e mais [[Liechtenstein]] asinaron un acordo económico coa organización, participando no mercado único da UE a través do acordo da Área Económica Europea. Estes países forman a [[Asociación Europea de Libre Comercio]]. As principais razóns polas que a poboación norueguesa rexeita entrar na UE son o gran nivel de vida do que gozan, debido aos grandes ingresos por produción do petróleo, propiciaríalle ter un papel de doazón de recursos económicos aos países máis febles, ademais moi probablemente a UE faría reconsiderar ao país a súa política de caza masiva de [[balea]]s, algo que non está ben visto pola organización.
54.142

edicións