Fundación Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 20:
}}
 
A '''Fundación Rosalía de Castro''' é unha institución cultural galega, constituída o [[15 de novembro]] de [[1947]] por [[Xosé Mosquera Pérez]] (''O Vello dos Contos'') no Hotel Compostela de [[Santiago de Compostela]] baixo o nome '''PadroádegoPatronato Rosalía de Castro''' que se converteu en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no [[Colexio de Santiago Alfeo|Colexio de Fonseca]] da mesma cidade o [[29 de decembro]] de [[1995]]. Os seus estatutos foron legalizados pola [[Xunta de Galicia]] en decembro de [[1997]] e renovados en [[2008]] (en vigor desde [[2009]]).
 
En [[2015]] réxese por unha Presidencia elixida polo Padroado entre os seus membros. O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación e está composto por quince membros institucionais e por personalidades da cultura que teñan especial vínculo coa obra de [[Rosalía de Castro]]. O Padroado designa un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro de entre os seus membros. Designará tamén unha Comisión Executiva que se compón pola Presidencia, pola Vicepresidencia, pola Secretaría, pola Tesouraría e por catro vogalías (sendo unha delas a Dirección do [[Centro de Estudos Rosalianos]]) cuxas funcións son: a xestión ordinaria dos asuntos da Fundación, a adopción de Acordos por razón de urxencia dando ulterior conta ao Padroado e as funcións que este delegue.