Retículo endoplasmático: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 27:
<ref name="campbell">Campbell, Neil A. (1996) ''Biology Fourth Edition.'' Benjamin/Cummings Publishing, pp. 120-121 ISBN 0-8053-1940-9</ref> Non obstante, os ribosomas unidos ao retículo non son unha parte estable do mesmo, xa que se están unindo e liberando das súas membranas continuamente. Un ribosoma [[citosol|citosólico]] só se une ao ribosoma se empezou a sintetizar unha proteína destinada á [[vía secretora]] (para a exportación),<ref name="lodish">Lodish, Harvey, et al. (2003) ''Molecular Cell Biology 5th Edition''. W. H. Freeman, pp. 659-666 ISBN 0-7167-4366-3</ref> a cal ten unha secuencia de 5-15 aminoácidos [[hidrofóbico]]s precedida por un aminoácido cargado positivamente ([[péptido sinal]]), que é recoñecida por unha [[partícula de recoñecemento do sinal]], que une o ribosoma ao retículo. A partir de entón o ribosoma continúa a síntese proteica introducindo a proteína dentro do retículo endoplasmático, onde a secuencia hidrofóbica sinaladora é eliminada. Cando acaba a súa misión o ribosoma libérase outra vez do retículo.
 
O retículo endoplasmático está próximo ao [[aparato de Golgi]] sen que haxa unha continuidade de membrana entre ambos, pero si hai un intercambio de [[vesícula]]s entre os dous [[orgánulo]]s.<ref>Endoplasmic reticulum. (n.d.). McGraw-Hill Encyclopedia of Science and Technology. Retrieved September 13, 2006, from Answers.com Web site: http://www.answers.com/topic/endoplasmic-reticulum</ref> Estas vesículas están cubertas por proteínas e chámanse COPI e COPII. As [[COPII]] están destinadas a ir ao aparato de Golgi, e as [[COPI]] van en sentido contrario, regresando do Golgi ao retículo. O RER traballa concertadamente co aparato de Golgi para marcar o destino das novas proteínas, garantizandogarantindo que estas cheguen aos lugares adecuados da célula. Un segundo método de transporte implica áreas do retículo chamadas sitios de contacto entre membranas, onde as membranas do retículo están en contacto coas membranas doutros orgánulos, o que permite a transferencia de lípidos e outras pequenas moléculas.<ref>{{Cita publicación periódica |author=Levine T |title=Short-range intracellular trafficking of small molecules across endoplasmic reticulum junctions |journal=Trends Cell Biol. |volume=14 |issue=9 |pages=483–90 |year=2004 |pmid=15350976 |doi=10.1016/j.tcb.2004.07.017 |url=http://linkinghub.elsevier.com/retrieve/pii/S0962-8924(04)00196-5}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica |author=Levine T, Loewen C |title=Inter-organelle membrane contact sites: through a glass, darkly |journal=Curr. Opin. Cell Biol. |volume=18 |issue=4 |pages=371–8 |year=2006 |pmid=16806880 |doi=10.1016/j.ceb.2006.06.011}}</ref> Nalgunhas zonas hai áreas de contacto entre as membranas do retículo e da [[mitocondria]], que son importantes na función mitocondrial (ver o capítulo "Membranas do RE asociadas ás mitocondrias" na páxina "[[mitocondria]]").
 
As funcións específicas do retículo endoplasmático rugoso son: sintetizar porteínas para a exportación e proteínas de membrana (transportadas na membrana de vesículas), fabricación dos encimas lisosómicos, e modificación de proteínas por N-glicosilación.