Cofre das Ágatas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
== Historia ==
O Cofre das Ágatas data dos primeiros anos do [[século X]]. Doada á catedral no ano 910 por [[Froila II|Froila]], fillo de [[Afonso III de Asturias|Alfonso III]], e pola súa primeira dona, Nomila Ximenes. En [[1934]], durante a Revolución de Asturias, os revolucionarios dinamitaron a Cámara Santa de Oviedo e as reliquias e obxectos que alí se conservaban, incluídas a Cruz dos Anxos, a Arca Santa e o Cofre das Ágatas, sufriron graves danos. No ano 1942 procedeuse á súa restauración, pero dun xeito que diversos historiadores consideraron unha violación dos principios arqueolóxicos, artísticos e históricos, pois nalgúns casos reparáronse os danos sen tomar precaucións que permitisen posteriormente diferenciar os elementos orixinais dos engadidos.<ref>{{Cita libro|apelidos=Rayón Valpuesta|nome=Fernando|coautoresautor2=José Luis Sampedro|editorial=Editorial Planeta S.A.|editor=|título=Las joyas de las reinas de España: la desconocida historia de las alhajas reales|url=|edición=2ª|ano=2004|ubicación=|isbn=84-08-05119-9|}}</ref>
 
En [[1977]] durante un roubo na [[Catedral de Oviedo]] o Cofre das Ágatas desapareceu aínda que logo se recuperou, non obstante a placa colocada no remate da súa tapa non se localizou ata o ano [[1989]]. Por mor dos graves danos que sufriu a Comisión para a restauración das Xoias Históricas da Cámara Santa da Catedral de Oviedo, creada para reparar os danos causados polo roubo de [[1977]], encargouse da súa restauración. A comisión entregou a Cruz dos Anxos e a Cofre das Ágatas á catedral o 14 de setembro de [[1985]], e ambos os dous obxectos volveron entón á Cámara Santa de Oviedo.<ref>{{Cita libro|apelidos=Hevia Blanco|nome=Jorge|coautoresautor2=Gema Elvira Adán Álvarez|editorial=Universidad de Oviedo. Servicio de Publicaciones|título=La intervención en la arquitectura prerrománica asturiana|url=http://books.google.es/books?id=ASKwYAXsPhQC&dq=cruz+de+los+angeles+1934&source=gbs_navlinks_s|edición=|ano=1997|lugar=Oviedo|isbn=8483170116|páxinas=281-285|capítulo=La reconstrucción de las joyas de la Cámara Santa|urlcapítulo=|cita=}}</ref>
 
== Descrición ==
Liña 18:
A base do cofre é de prata maciza e está suxeita por medio de cento vinte e nove cravos. Nesta base atópase unha inscrición que contén os nomes dos doadores e unha representación do ''[[Tetramorfo|Tetramorfos.]]'' Os catro símbolos dos evanxelistas aparecen rodeando unha representación estilizada da [[Cruz da Vitoria]], tamén conservada na Cámara Santa de Oviedo, e doada á catedral ovetense por [[Afonso III de Asturias|Alfonso III]], e pola súa dona, a raíña [[Ximena Garcés]], no ano 908. Nesta base atópanse ademais catro semiesferas con beiril fileteado que serven de soporte á caixa, á que están unidas mediante craviños.
 
A placa colocada no remate da cobertoira é máis antiga que o resto do Cofre das Ágatas. Algúns autores sosteñen que puido ser un cinto franco, realizado no século VIII, ou ben un broche-relicario de estilo carolinxio, labrado ao redor dos [[Século VIII|séculos VIII]] e [[Século IX|IX]].<ref>{{Cita libro|apelidos=Hevia Blanco|nome=Jorge|enlaceautor=|coautoresautor2=Gema Elvira Adán Álvarez|editorial=Universidad de Oviedo. Servicio de Publicaciones|editor=|título=La intervención en la arquitectura prerrománica asturiana|url=http://books.google.es/books?id=ASKwYAXsPhQC&dq=cruz+de+los+angeles+1934&source=gbs_navlinks_s|edición=|ano=1997|lugar=Oviedo|isbn=8483170116|páxinas=277|capítulo=La reconstrucción de las joyas de la Cámara Santa|urlcapítulo=|cita=}}</ref> A base da placa é de ouro e está rodeada por celas tabicadas que conteñen fragmentos de granate, e que se prolongan no interior da placa formando debuxos curvilíneos. Nos catro ángulos da placa hai colocadas catro xemas en cabochóns de bordo semicircular, outras catro nos medianeiros longos, tres no eixo maior, e unha no centro. Os espazos carentes de ornamentación da placa enchéronse con esmaltes policromados que forman dragóns, cuadrúpedes, paxaros, peixes, réptiles e árbores estilizadas. Na placa había 655 granates, 4 [[perla]]s, 12 [[Esmalte (revestimento)|esmaltes]] e 13 cabochóns.
 
Polo seu formato e estilo ten relación coa Arqueta de San Xenadio, doada polo rei [[Afonso III de Asturias|Alfonso III]] a San Xenadio, bispo de Astorga entre os anos [[900]] e [[919]].<ref>María de los Ángeles Sepúlveda González [http://web.archive.org/web/http://fuesp.com/revistas/pag/cai0319.html El programa iconográfico de las cajas de Astorga y de las Ágatas.]''Cuadernos de Arte e Iconografía'' Tomo II - 3. 1989]</ref>
Liña 37:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
 
=== Bibliografía ===
{{wikificar}}
* Alonso Álvarez, Raquel, [http://www.academia.edu/771325/El_obispo_Pelayo_de_Oviedo_1101-1153_historiador_y_promotor_de_codices_iluminados «El obispo Pelayo de Oviedo (1101-1153): historiador y promotor de códices iluminados»], ''Semata. Ciencias Sociais e Humanidades'', 2010, vol. 22, páxs. 331-350. ISSN 1137-9669
* Alonso Álvarez, Raquel, [http://www.academia.edu/773438/El_Corpus_pelagianum_y_el_Liber_testamentorum_ecclesiae_ouetensis_las_reliquias_del_pasado_de_la_catedral_de_Oviedo_y_su_uso_propagandistico_en_la_obra_del_obispo_Pelayo_de_Oviedo_1101-1153_ «El ''Corpus pelagianum'' y el ''Liber testamentorum ecclesiae ouetensis'': las "reliquias del pasado" de la catedral de Oviedo y su uso propagandístico en la obra del obispo Pelayo de Oviedo (1101-1153)»], en M.-F. Alamichel y R. Braid (dirs.), ''Texte et Contexte. Littérature et Histoire del’Europe médiévale'', París, 2011, páxs. 519-548.
Liña 50 ⟶ 51:
=== Outros artigos ===
* [[Arte asturiana]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.jdiezarnal.com/lacajadeagatas02.jpg Imaxe da Caixa das Ágatas]
 
[[Categoría:Arte asturiana]]