Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 6:
O proxecto de creación do PAAR foi iniciado no 2002, coa presentación dun concurso de anteproxectos por parte do goberno de [[Manuel Fraga]]<ref>[http://www.galiciaconfidencial.com/nova/3061.html "O parque da arte rupestre: concebido por Fraga, inaugurado por Feijóo"], artigo en ''[[Galicia Confidencial]]'', 20 de marzo de 2009.</ref>. A súa construción comezou no 2007, durante o goberno bipartito<ref>[http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=54749 "O Parque de Arte Rupestre de Campo Lameiro estará aberto en 2009"], artigo en ''[[Vieiros]]'', 20 de decembro de 2006.</ref>, e foi inaugurado o 6 de xullo do 2011 polo presidente da [[Xunta de Galicia]], [[Alberto Núñez Feijóo]]<ref>[http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/99775.html?lang=gl "Feijóo inaugura o primeiro gran parque arqueolóxico galego"], artigo de Águeda Piñeiro no ''[[Diario de Pontevedra]]'', 5 de xullo de 2011.</ref>.
 
== Características do parque ==
Os gravados repártense entre os sitios de Paredes, Parada e Santo Isidro, Painceiros, As Fragas, A Lagoa / Fentáns e Caneda, sendo relativamente sinxelos de visitar. O parque comprende nove estacións rupestres cunha vintena de rochas gravadas nuns tres quilómetros de largura. En 1974 foron declarados Monumentos Histórico-Artísticos, e toda a área foi declarada Zona Arqueolóxica o 20 de xuño do 2002.<ref>[http://www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=4&lg=gal O PAAR na web de Patrimonio Cultural Galego da Xunta de Galicia]</ref>
 
O parque inclúe a reconstrución dun poboado da Idade do Bronce, un centro de interpretación con 5.000 m², que conta con salas de proxección, exposicións, biblioteca e fondos.
 
== Os petróglifos ==
Os petróglifos do lugar inclúen deseños xeométricos (cruces, círculos concéntricos, [[coviña]]s...) e naturalistas (cervos, cabalos, serpes...) propios da arte rupestre galega (que inclúe o Norte de Portugal) e que se integran dentro do grupo da [[Europa Atlántica|vertente atlántica europea]]. No sitio pódese olla algún dos petróglifos mellor conservados do [[Grupo Galaico de Arte Rupestre]].
 
As súas principais estacións son:
 
* '''Laxe da Forneiriña''', na que se pode ver a figura dun gran animal, xunto con diferentes representacións de cervos e círculos.
* '''Laxe dos Carballos''' é un conxunto cuxo interese se centra na figura dun gran cervo hastado. Ten un gran número de lanzas cravadas no lombo como sinal de castigo ou morte e ademais atáronlle unha corda arredor do pescozo. Xunto a este aparecen, entre outros gravados, combinacións circulares, alineacións de coviñas ou outros cervos.
* '''Outeiro dos Cogoludos''' ten gravadas un bo número de figuras de suco moi visíbel, largo e fondo. Na banda dereira óllanse tres xinetes de a cabalo, dispostos verticalmente, mentres que na esquerda hai un gran panel con figuras de círculos concéntricos. Tamén aparecen un ídolo e varios cervos, entre outras manifestacións.
* '''Outeiro das Ventaniñas''' presenta os gravados máis sinxelos desta área e representan varias formacións circulares.
* '''Fonte da Pena Furada''' conta con varias pedras con gravados de cervos e círculos concéntricos. De especial importancia é o cervo hastado ao que se lle ten representado a boca e mailos ollos no mesmo plano.
* '''Outeiro da Pena Furada''' é o único conxunto deste ámbito que conta con figuras labirínticas e na súa proximidade hai outros gravados.
* '''Laxe dos Cabalos''' consta de varias pedras gravadas con figuras de cervos e combinacións circulares. Salienta a que dá orixe á zona e que está formada por dous cabalos con cadanseus xinetes, dando a impresión de que están a disputar unha carreira.
 
==Notas==