Metralladora: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: {{Control de autoridades}}
Isili0n (conversa | contribucións)
*Casquillo > casquete.
Liña 6:
Aínda que existiron ao longo do [[século XIX]] armas capaces de disparar de forma parecida á metralladora, como as armas [[Canón Gatling|Gatling]], con media ducia ou máis canóns de fusil dispostos en posición circular ao redor dun eixo e alimentados por un cargador vertical ou cilíndrico, non eran verdadeiras metralladoras, xa que a enerxía para o proceso obtíñase dunha manivela accionada por un soldado, mentres que na metralladora auténtica só é necesario montar o peche da arma e apertar o gatillo para que a arma automaticamente siga disparando ata soltar o gatillo ou esgotar a munición.<ref name=peterson>{{Cita libro |title=Arms and Armor in Colonial America, 1526-1783 |author=Harold L. Peterson |pages=217–218|year=2000 |publisher=Courier Dover Publications |isbn=0-486-41244-X}}</ref><ref>{{Cita libro |title=Journals of the Continental Congress |author=United States Continental Congress |publisher=USGPO |year=1907}}, pages 324, 361</ref>
 
En [[1884]] aparece a primeira auténtica metralladora, inventada polo estadounidense nacionalizado británico [[Hiram Stevens Maxim]] e utilizaba a presión de saída dos gases de proxección para provocar o retroceso do canón, o montado do peche, a expulsión do casquillocasquete e a alimentación con outro novo cartucho obtido dunha cinta no lateral da arma.<ref name="The Devil's Watering Pot">Emmott, N.W. "The Devil's Watering Pot" ''United States Naval Institute Proceedings'' Septembro 1972 pp.72</ref>
 
Maxim realizou demostracións por toda [[Europa]] e a súa metralladora foi adoptada pola maioría dos exércitos do continente. En [[1885]] nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] o fabricante Browning sacou un modelo de metralladora accionado polo gas que se recolle do canón a través dun émbolo dentro dun tubo conectado ao canón da arma, sistema adoptado despois para os fusís semiautomáticos e de asalto.