Diferenzas entre revisións de «Melvin Calvin»

*Doctorar > doutorar.
m (→‎Ligazóns externas: Arranxos varios using AWB)
(*Doctorar > doutorar.)
Melvin naceu no seo dunha familia de inmigrantes [[Rusia|rusos]] en [[Saint Paul]], [[Minnesota]]. Criouse en [[Detroit]].
 
Cursou estudos de química na Escola de Minería e Tecnoloxía de Míchigan (hoxe Universidade Tecnolóxica de Míchigan), onde se licenciou en [[1931]]. Posteriormente amplío os seus estudos na [[Universidade de Minnesota]], onde se doctoroudoutorou en [[1935]] e ao ano seguinte conseguiu realizar unha bolsa postdoctoralposdoutoral na [[Universidade de Mánchester]] en [[Inglaterra]].
 
Incorporouse ao departamento de química da [[Universidade de California]], en [[Berkeley, California|Berkeley]], en [[1937]] e en [[1947]] conseguiu ser nomeado profesor de química.
A súa carreira iniciouse tras un accidente ocorrido en 1936 na fábrica de tinguiduras que Imperial Chemical Industries (ICI) tiña en Manchester. Elaborábase un composto incoloro chamado ftalonitrilo, pero unha partida saíu dunha bela cor azul, ao parecer por unha greta no forro de vidro do recipiente. Identificouse como ftalocianina, membro dunha nova, e estruturalmente interesante, familia de compostos.
 
Calvin, que chegaba á Universidade de Manchester para realizar estudos posdoctoralesposdoutorais, traballaba co profesor Michael Polanyi e viu que o composto da ICI tiña un parecido estrutural coa hemomolécula e coa clorofila: as dúas moléculas catalíticas máis importantes nos seres vivos e, bioquímicamente, as máis difíciles de comprender e de imitar. Seguiu a suxestión de Polanyi de empregar o composto da ICI como modelo para investigar a conexión entre a estrutura e a estabilidade nesas moléculas tan fundamentais.
 
Durante a década de 1940, na súa estancia en Berkeley, comezou os seus experimentos sobre a fotosíntese sobre cultivos da [[alga|alga verde unicelular]] ''[[Chlorella]] pyrenoidosa'', separando os compostos obtidos por [[cromatografía|cromatografía bidimensional]] e identificándoos grazas ao [[carbono-14]] e esclarecendo o proceso de asimilación fotoquímica do [[dióxido de carbono]] polas partes verdes das plantas, hoxe frecuentemente denominado [[ciclo de Calvin]].<br>
10.315

edicións