Civilización minoica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Isili0n (conversa | contribucións)
*Tríada > tríade.
Liña 37:
Evans considerou a expansión un feito seguro (aplicando modelos actuais de poder naval). Hoxe dedúcese que non se pode falar de "conquista" ou "expansión" cretense traducida en colonización e incorporación territorial. Só se recoñecen asentamentos minoicos en illas que, pola súa proximidade ao continente, oferecían unha base sólida e segura ([[Citera]], [[Rodas]], [[Cos, Grecia|Cos]]). As influencias non representan rotura, non sobrepasando un nivel imperial.
 
Tampouco isto debe levar a mitificar o carácter aparentemente pacífico da cultura minoica (diferenzas con Micenas nos palacios en situación, deseño e arquitectura, pois estes son grandes fortalezas mentres que os minoicos son para vivir). De calquera xeito, si coñecían as armas, tendo que darse tensións entre os centros de poder, resoltos, suponse co liderado de Cnossos. Mais este poder, no seu contorno, pode ter implicado un controlo diplomático sobre as Illas Cícladas. [[Naxos]] parece ser o limitelímite setentrional da influencia cretense, o que debe levar a un xuízo moi modesto das relacións exteriores minoicas (aínda que algúns produtos chegaron a Exipto, Siria-Palestina e [[Sicilia]], isto mostra unha mobilidade comercial máis centrada no mundo oriental (chipriotas, pré-fenicios), cidades que avanzan unhas tendencias que cristalizaron no século –IX.
 
Esta cronoloxía, combinada coa do arqueólogo grego [[Nicolas Platon]], baseada na evolución das construcións palaciais, resultaría como segue: