Civilización minoica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Arranxos varios, replaced: ocidente → occidente using AWB
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 1:
{{Historia de Grecia}}
[[Ficheiro:Map Minoan Crete-en.svg|miniatura|dereita|300px|A creta minoica cos principais palacios, pazos e poboados.]]
 
A '''civilización minoica''' desenvolveuse na [[illa de Creta]] (actual [[Grecia]]) ó longo da primeira metade do segundo milenio antes de Cristo. Os minoicos eran unha [[cultura]] [[helénico|prehelénica]] anterior ás culturas [[heládico|heládica]] ou micénica. Sorprende polas súas realizacións en case tódolos aspectos, a pesar de a illa dispor de recursos escasos.
Liña 25:
 
==== Minoico medio ====
Foi unha fase dilatada con transformacións nos palacios que corresponden a destrucións e reconstrucións sen causas definidas (terremotos talvez?). Aqueles primeiros palacios viven un florecemento até a destrución do –1700 (Minoico Medio II). Foi esta unha destrución xeral da que xorde máis claramente o papel de Cnossos como centro palacial. AparteÁ parte dun sismo, tense barallado a hipótese volcánica, como sucedera en [[Thera]] (-1600/1550), illa que desapareceu nos seus dous terzos (pola súa forza, tentouse situar en paralelo co fin do control minoico en Cnossos ou coa destrución final do palacio). Porén, a destrución de 1500 si se atribúe a terremotos.
 
==== Minoico final ====
Liña 31:
# Quedaba por estabelecer a evolución de Creta entre o 1400 e finais de Micenas.
# Arqueoloxicamente, a data é dubidosa.
A destrución final de Cnossos débese atrasar até o –1370. Esta data non ten unha explicación facilmente deducíbel que agrupe todos os factores (terremotos, tomada da vila...). Parte da documentación en [[Lineal B]] sería deste momento. Tampouco se abandonou o palacio, mais este non volvería a xogar un papel igual ao anterior, o que implica que a situación política dou un xiro. Mais non se interrompen outros aspectos e a parte occidental da illa cobra un papel protagonista descoñecido até entón (descubrimento de indicios que mostran que na vella cidade de [[Kydronia]] se usaba lineal B, indicio dun palacio e un nexo de conexión entre o palacio decaído de Cnossos e este novo centro [o mesmo escribano]). Unha hipótese é que, se ben a destrución eliminou Cnossos como centro administrativo, non supuxo o fin do poder micénico ou dalgún centro sucesor, seguindo Cnossos controlando as zonas máis prósperas (centro e, máis ao sur, [[Hagia TríadaTríade]]). Polos dados existentes, hai unha xeografía do territorio controlado polo palacio que inclúe Cnossos, [[Armissos]], [[Ylissos]] etc. Esta hipótese contribuiría para resolver a anomalía que situaba a Creta nun lugar incualificábel no mundo exeo.
 
A expansión [[período micénico|micénica]] prolongou uns procesos de contacto que, no Minoico Medio, sobre todo desde o –1700, transmitiron ao continente e [[Illas Cícladas]] influencias artísticas, sociais, administrativas (do modelo palacial) e que ten levado a pensar que a difusión fose proba de imperialismo (influencia das lendas posteriores e a memoria dunha hipotética [[talasocracia]] [[Homero|prehomérica]].