Xoán Carlos I de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Desván > faiado.
Liña 56:
Tras un ano en [[Estoril]], Juan de Borbón accedeu a que Xoán Carlos regresase a España no [[outono]] de [[1950]] para continuar os seus estudos, nesta ocasión acompañado do seu irmán menor [[Alfonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias|Alfonso]]. Para o verán de [[1954]], Xoán Carlos terminara o [[bacharelato]]. Posteriormente realizou a súa instrución militar na [[Academia Xeral Militar]] de [[Zaragoza]] ([[1955]]-[[1957]]), na [[Escola Naval Militar]] de [[Marín]] en [[Pontevedra]] ([[1957]]-[[1958]]) e finalmente na [[Academia Xeral do Aire]] de [[San Javier, España|San Javier]] en [[Rexión de Murcia|Murcia]] ([[1958]]-[[1959]]).
 
Durante as vacacións de [[Semana Santa]] de [[1956]], o [[29 de marzo]], [[Xoves Santo]], na residencia familiar de [[Estoril]], chamada aínda hoxe ''Vila Giralda'', a Xoán Carlos, que xa tiña 18 anos cumpridos, disparóuselle accidentalmente un revólver mentres xogaba no desvánfaiado da casa co seu irmán menor, [[Alfonso de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias|Alfonso]], o que causaría a morte de Alfonso.<ref>[http://queaprendemoshoy.com/el-rey-juan-carlos-i-y-froilan-accidentes-reales-con-armas-de-fuego El Rey Juan Carlos I y [[Felipe Juan Froilán de Marichalar y Borbón|Froilán]]: Accidentes reales con armas de fuego]</ref><ref>Apezarena, José y Castilla, Carmen (1993). ''Así es el príncipe: vida del futuro rey de España''. Ediciones Rialp</ref> O irmán maior do conde de Barcelona e tío de Xoán Carlos, [[Jaime de Borbón y Battenberg|Jaime de Borbón]], solicitaría meses despois unha investigación xudicial do suceso; petición cualificada polo historiador [[Paul Preston]] como de inaudita «insensibilidade e pura malevolencia» e que seguramente foi motivada por procurarse beneficios políticos á súa propia causa..<ref>{{cita libro|apelido=Preston|nome=Paul|ligazónautor=Paul Preston|título=Juan Carlos: A People's King|idioma=inglés|ano=2004|editorial=HarperCollins|localización=Londres|isbn=9780002556323|capítulo=The Tribulations of a Young Soldier, 1955-1960}}</ref><ref>[http://books.google.es/books?id=u-2zNPGJF7MC&pg=PT96&dq=rey+preston+settimo+giorno+public%C3%B3&hl=es&sa=X&ei=7XGLU5zLMemL0AXS8oGgCQ&ved=0CDQQ6AEwAA#v=onepage&q=rey%20preston%20settimo%20giorno%20public%C3%B3&f=false Reseña de la obra de Paul Preston localizado en Google Bookk]</ref>
 
O [[13 de setembro]] de [[1961]] anunciouse oficialmente o compromiso de Xoán Carlos coa princesa [[Sofía de Grecia]]. Oito meses despois, o [[14 de maio]] de [[1962]], a parella contraía matrimonio en [[Atenas]] polos ritos [[Igrexa ortodoxa grega|ortodoxo]] e [[Igrexa católica|católico]]. Con anterioridade á súa celebración, [[Francisco Franco|Franco]] manifestara o seu interese en que Xoán Carlos e Sofía vivisen en España,<ref>{{cita libro|apelido=Preston|nome=Paul|ligazónautor=Paul Preston|título=Juan Carlos: A People's King|lingua=inglés|ano=2004|editorial=HarperCollins|lugar=Londres|isbn=9780002556323|capítulo=A Life Under Surveillance, 1960-1966}}</ref> de modo que, a principios de [[1963]], e malia a oposición inicial de [[Juan de Borbón y Battenberg|Juan de Borbón]], o matrimonio trasladábase a Madrid para fixar a súa residencia no [[Palacio da Zarzuela]].