Comarca do Salnés: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22:
[[Vilagarcía de Arousa|Vilagarcía]] é o seu principal núcleo de poboación e económico, se ben toda a súa costa presenta un elevado dinamismo económico e demográfico con importantes núcleos como Cambados, O Grove, [[Portonovo, Adina, Sanxenxo|Portonovo]] e Sanxenxo, que duplican a súa poboación durante os meses de verán.
 
Desde o punto de vista [[Topografía|topográfico]], o amplo e fértil val do ''río Umia'' ocupa boa parte da comarca, delimitada por unha serie de rebordes montañosos de suaves pendentes e escasa altitude, entre os que destacan o [[Monte Xiabre]] ó norte e os [[Montes de Castrove]] no sueste, que constitúen excelentes miradoiros. Aínda que as especies arbóreas autóctonas desapareceron en grande medida, a [[repoboación forestal]] ten cubertos estes montes case na súa totalidade con [[piñeiro]]s e [[eucalipto]]s. As [[carballeira]]s, [[castiñeiro]]s, [[ameneiroAmieiro|amieiros]]s, [[bidueiro]]s”s e outros aparecen moi illados nos vales das terras baixas, entre as terras de labranza, viñedos e prados. O [[Val do Salnés]] ten a forma dun triángulo co vértice na vila de Caldas de Reis e a base nunha liña que iría de [[O Carril, Vilagarcía de Arousa|Carril]] á [[Praia da Lanzada|Lanzada]]. Nesta base asentan os centros de poboación máis importantes: Vilagarcía de Arousa, Cambados, O Grove e Sanxenxo, que están comunicados por unha rede de estradas<ref>{{Cita libro|título=Geografía de España, Volumen 4|apelidos=Bosque Maurel, Vilá Valentí|nome=Joaquín, Juan|editorial=Planeta|ano=1989|ISBN=84-320-8383-6|ref=}}</ref>.
 
Este Val do Salnés caracterízase por ter un relevo suave derivado do seu proceso de formación, no que o seu principal axente foi a acción erosionada do río Umia.