Retrato do artista cando novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Beca > bolsa ou bolsa de estudos.
Isili0n (conversa | contribucións)
Arranxiños.
Liña 37:
Debido ás débedas do patriarca, a familia debe mudarse a [[Dublín]] e Stephen consegue unha bolsa de estudos do seu reitor anterior para asistir ao colexio xesuíta de Belvedere, onde de novo destaca pola súa intelixencia e sitúase á cabeza da clase. Neste etapa a distancia entre el e o seu pai, bebedor habitual, faise evidente.
 
Co diñeiro obtido dun premio escolar e xa na pubertade, Stephen comeza a vagar polos barrios de prostitutas e se deixa levar polo pracer carnal. Pouco despois realízase no colexio unha xornada de retiro espiritual na que se insta aos alumnos a confesa-los seus pecados. Stephen sente que as palabras do sermón do cura van dirixidas a el e, abrumado pola culpa, corre na procura dunha igrexa onde non o coñezan e podapoida confesa-los seus vicios no anonimato. A partirespartir dese momento o personaxe séntese en comuñón coa Igrexa e trata de levar unha vida digna e exemplar conforme ao dogma cristiano. A súa devoción non pasa desapercibida para os xesuítas, quen lle proponen unirse á orde. Stephen alberga serias dúbidas e as súas crenzas relixiosas entran en conflito coas súas aspiracións estéticas, polo que remata por rexeita-lo ofrecemento. Co paso do tempo o protagonista perde esa devoción relixiosa en favor da estética, como se amosa nunha ocasión na que se cruza cunha moza e sofre unha epifanía pola que sente a necesidade de expresar toda a súa beleza por medio da escritura.
 
Unha vez na Universidade, Stephen desconfía cada vez máis de toda institución relixiosa, educativa, política ou incluso familiar. A familia atópase en precariedade económica e a nai de Stephen trata de facer que o seu fillo recobre a fe e volva achegarse á Igrexa. O personaxe séntese cada vez máis alienado e afastado da Igrexa e só concibe a súa teoría estética, a cal decide compartir cos seus amigos, quen non comprenden a súa falta de devoción nin a afanosa busca da estética do artista.