Enrique Peinador Vela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Outros homónimos|Enrique Peinador (homónimos)}}
[[Ficheiro:Enrique Peinador Vela, Pontevedra, 1847- Troncoso, Mondariz, 1917.jpg|miniatura|Enrique Peinador Vela.]]
'''Sabino Enrique Peinador Vela''', nado en [[Pontevedra]] o [[7 de outubro]] de [[1847]] e finado en [[Mondariz-Balneario]] o [[6 de outubro]] [[1917]] foi un médico e empresario galego.
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Mondariz in 2015 (9).JPG|miniatura|A Enrique Peinador Vela.]]
En [[1869]] licenciouse en Medicina pola [[Universidade de Santiago de Compostela]], establecéndose en Pontevedra e dedicándose ao estudo dos centros hidrolóxicos da provincia. En [[1871]] foi nomeado director do Balneario de [[Caldelas de Tui]]. En [[1872]] descubriu o manancial da Gándara, en [[Mondariz-Balneario]], e ao ano seguinte comezou a explotalo. Coa axuda de seu irmán, [[Ramón Peinador Vela]], obtivo a fonte de Troncoso, aínda que mantiveron un conflito co concello ata 1905, e comezaron a explotar as augas co nome de "Aguas de Mondariz. Establecimiento minero-medicinal de los Señores Hijos de Peinador". En 1873 as augas foron declaradas de utilidade pública. En 1879 abriu a primeira casa de baños e en [[1898]] inaugurou o Gran Hotel de Mondariz, que se converteu nun centro medicinal, cultural e artístico. Exerceu como xerente do balneario ata 1906, en que o relevou o seu fillo [[Enrique Peinador Lines]].