Pablo Sarabia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 55:
'''Pablo Sarabia García''', nado en [[Madrid]] o [[11 de maio]] de [[1992]], é un [[futbolista]] [[España|español]]. Xoga de [[Posicións no fútbol|centrocampista]] e o seu actual equipo é o [[Sevilla FC]].
 
Ten un gran manexo de balón coa súa perna esquerda. Trátase dun xogador rápido no un contra un, con gran disparo desde diferentes distancias con ambas pernas.
 
== Traxectoria ==
Liña 62:
Empezou a tempada [[2008]]/[[2009|09]] no xuvenil A das categorías inferiores do [[Real Madrid]], xogando de vez en cando no [[Real Madrid C]]. O [[3 de xaneiro]] de [[2010]] debutou co [[Real Madrid Castilla]] contra o [[AD Alcorcón|Alcorcón]], substituíndo a Samuel no minuto 58 de partido. No seu terceiro partido no [[Real Madrid Castilla|Castilla]], o primeiro no [[estadio Alfredo Di Stéfano]], foi titular e marcou o segundo gol que axudaría a conseguir a vitoria do Castilla sobre o [[Racing de Santander B|Racing B]]. Ademais deu o pase do terceiro gol madridista nun lanzamento de esquina, quedando así demostrada a súa capacidade para meter goles e tamén para dalos.
 
En [[setembro]] de [[2010]] rumoreábase a venda de Sarabia ao equipo portugués [[Sporting de Braga]] no mercado invernal por 3 millóns de euros, aínda que non se produciu o traspaso.
 
O [[8 de decembro]] de [[2010]] debutou co [[Real Madrid]] en [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], no encontro Real Madrid 4-0 [[AJ Auxerre|Auxerre]], substituíndo a [[Cristiano Ronaldo]] a falta de 20 minutos para o final do partido.