Raul Meireles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m Arranxos varios
Liña 55:
 
=== Porto ===
O 7 de xullo de 2004, o [[FC Porto]] asina a Meireles cun contrato de cinco anos, que é presentado en rolda de prensa o [[12 de xullo]]. Co dorsal 33 na camisola debuta o 22 de setembro contra a [[União de Leiria]] no [[Estádio do Dragão]], saíndo desde o banco no minuto 59. O partido finalmente remataría con empate 1-1. O 18 de febreiro de 2005 xoga o seu primeiro partido no once inicial, nunha vitoria en liga no [[Estádio do Restelo]] dos [[Belenenses]]. Tan só cinco días despois, o 23 de febreiro, debuta na [[UEFA Champions League]] nun partido ante o [[Inter de Milán]], xogando os 90 minutos. Durante esa tempada, xoga trece partidos de liga, dez dos cales saído desde o banco, non anotando goles.
 
Durante a tempada 2005-06, o [[19 de febreiro]], Meireles anota o seu primeiro gol co equipo en liga, tanto que daría unha vitoria en casa por 1-0 ante o [[Clube Sport Marítimo|Marítimo]]. Só tres partidos despois, o 10 de marzo, anota o seu segundo gol da tempada nun triunfo por 2-0 ante o [[Vitória de Setúbal]]. Nesa campaña, anota dous goles en 18 aparicións, que axudan ao seu equipo a gañar a Liga. Uns días máis tarde Meireles gaña o seu segundo título, a Copa de Portugal. Nas seguintes catro tempadas, Meireles convertese nun dos xogadores máis importantes do centro do campo do Porto. O seu primeiro gol na Liga de Campións sería durante a tempada 2006-07, concretamente o 21 de febreiro de 2007, nun encontro contra o [[Chelsea Football Club|Chelsea]]. A nivel de título gaña tres Ligas consecutivas en 2006-07, 2007-08 e 2008-09, ademais de dúas Copas en 2009 e 2010.
Liña 61:
=== Liverpool ===
[[Ficheiro:Raul Meireles street clothes 2 Liverpool vs Bolton 2011.jpg|thumb|left|150px|Meireles en [[Liverpool Football Club|Liverpool]].]]
O 29 de agosto de 2010, Meireles foi traspasado ao [[Liverpool Football Club|Liverpool FC]] por unha suma de 13 millóns de [[euros]]. No equipo inglés escollería o dorsal número 4, até ese intre en posesión do {{sel|Italia|internacional italiano}} [[Alberto Aquilani]], que saía do club cedido se á [[Juventus]]. O club compraría ao xogador como un recambio inmediato para o arxentino [[Javier Mascherano]], quen fichara polo [[FC Barcelona]] a comezos dese verán. Debuta na [[Premier League]], entrando como suplente, o 12 de setembro de 2010 nun empate a 0-0 ante o [[Birmingham City]]. Tan só catro días máis tarde debuta na [[Europa League]] cunha vitoria por 4-1 ante o [[Steaua de Bucarest]] en [[Anfield]]. A súa primeira titularidade en liga foi na seguinte xornada, o 19 de setembro, nunha derrota por 3-2 ante o [[Manchester United]] en [[Old Trafford]].
 
O [[16 de xaneiro]] de [[2011]], Meireles anota o seu primeiro gol para o [[Liverpool Football Club|Liverpool]] no derbi ante [[Everton Football Club|Everton]], nun empate 2-2 en [[Anfield]] que coincidía coa chegada de [[Kenny Dalglish]] como novo adestrador. O seu segundo gol chega tan só seis días máis tarde, grazas a unha volea co pé dereito contra o [[Wolverhampton Wanderers]], nunha vitoria a domicilio por 3-0. O [[2 de febreiro]] marca outro gol, o terceiro en catro partidos, nunha vitoria por 2-0 ante o [[Stoke City]], e catro días máis tarde fai catro de cinco, ao anotar o gol da vitoria en [[Stamford Bridge]] contra o [[Chelsea FC|Chelsea]]. Meireles aumentaría a súa conta goleadora o 12 de febreiro ante o [[Wigan Athletic]], chegando a conseguir finalmente cinco goles en seis partidos consecutivos da [[Premier League]]. Non conseguriría ese ano marcar máis goles, terminando a tempada con 5 en 33 partidos, acabando o seu equipo no sexto lugar na da clasificación con 58 puntos. A súa primeira tempada na liga inglesa foi moi exitosa, chegand oa conseguir o trofeo ao Mellor xogador da Liga outorgado polos fans, superando á talla de [[Fernando Torres]], [[Samir Nasri]], [[Dimitar Berbatov]] e [[David Luiz]].
Liña 68:
 
=== Chelsea e Fenerbahçe ===
Co Chelsea procurando no mercado coa necesidade dun centrocampista despois dunha lesión a longo prazo de [[Michael Essien]], xunto a unha tentativa fallida de adquirir a [[Luka Modrić]] do [[Tottenham Hotspur]], propicia que Meireles asine un contrato co club londinense de catro anos por unha cantidade por volta dos 12 millóns de [[libra esterlina|libras]]. Uns días despois, Meireles afirmou que nunca quixo deixar o [[Liverpool Football Club|Liverpool]], mais a oportunidade de traballar con [[André Villas-Boas]], con quen pasara un curto período de tempo no [[FC Porto]], era demasiado boa como para rexeitala.
 
Debutou cos "blues" o [[10 de setembro]] de [[2011]] nun encontro contra o [[Sunderland AFC|Sunderland]] que terminou con vitoria de 2-1 para o seu equipo. No mes seguinte, anotou o seu primeiro gol do Chelsea nun partido da fase de grupos da [[UEFA Champions League]], nunha vitoria por 5-0 contra ante [[K.R.C. Genk|Racing Genk]] [[Bélxica|belga]]. O 12 de decembro, Meireles anotou o seu primeiro gol na [[Premier League]] co seu novo equipo na vitoria por 2-1 ante os líderes da liga nese momento: o [[Manchester City]]. Tres meses máis tarde, o 7 de marzo de 2012, anotou o seu terceiro gol da tempada, esta vez dun esforzo potente gama de longo na [[FA Cup]] na quinta rolda na vitoria de repetición sobre o [[Birmingham City]]. O [[3 de setembro]] de 2012, confírmase o acordo entre o Chelsea e o [[Fenerbahçe]] turco para a venda de meireles por 8 millóns de libras.
Liña 77:
* [http://www.soccerbase.com/players/player.sd?player_id=39264 Perfil en soccerbase.com] {{en}}
 
{{ORDENAR:Meireles, Raul}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Meireles, Raul}}
[[Categoría:Centrocampistas de fútbol]]
[[Categoría:Futbolistas de Portugal]]