Paul van Dyk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Lexendario > lendario.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa carreira musical en [[1991]] no clubeclub berlinés ''Turbine''. Cando van Dyk naceu, Eisenhüttenstadt atopábase na [[República Democrática Alemá]] polo cal tivo que valerse do contrabando de casetes de música que proviñan do estranxeiro para poder escoitar a música de aquela época. Foi entón cando Paul comezou a facer ''mesturas'' de cancións para os seus amigos. Cando caeu o [[Muro de Berlín]] Paul puido florecer coma músico. Iniciouse en ''Turbine''. Foi nesa discoteca onde un amigo lle sugiriu que seguira mesturando despois de oír algunhas das súas mesturas en casete, e foi así coma comezou a súa carreira.
 
A súa primeira produción foi unha colaboración con [[Cosmic Baby]] (usando o alcume '''Visions of Shiva''') que foi lanzada en [[1992]]. O seguinte ano, Paul puido obter un pouco de recoñecemento, mentres traballaba na lendaria [[discoteca]], [[E-Werk]] en [[Berlín]], polo seu ''remix'' de "Love Stimulation" do artista [[Humate]]. Paul lanzou o seu primeiro álbum en [[1994]], titulado ''45 RPM''.