Ido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
Liña 33:
[[Ficheiro:IdoLogo.png|miniatura|150px|esquerda|Logo da lingua Ido]]A petición da Delegación para a Adopción dunha Lingua Internacional Auxiliar á [[Asociación Internacional de Academias]] en [[Viena]] para escoller unha lingua internacional foi desestimada en maio de [[1907]]. A delegación, que fora fundada por [[Louis Couturat]], decidiu reunirse en Comité en [[París]] en outubro de [[1907]] para discutir a adopción dunha lingua internacional estándar de entre as competidoras que apareceran nesa época. De acordo coas actas do Comité, decidiuse que ningunha lingua cumpría todas as expectativas, pero que o [[esperanto]] podería ser aceptada ?debido á súa relativa perfección e polas moitas e diversas aplicacións que actualmente xa ten, baixo a condición de que se realicen diversas modificacións levadas a cabo pola comisión permanente na dirección definida polas conclusións do informe dos secretarios (Couturat e [[Leopold Leau]]) e polo Proxecto Ido que logo foi presentado ao comité como traballo anónimo. O Proxecto Ido foi máis tarde revisado por Couturat con axuda de representantes do esperanto antes de ser presentado ao Comité, [[Louis de Beaufront]]. Beaufront púxose a favor do esperanto durante o proceso, pero as melloras adoptadas pola nova lingua provocan a súa "conversión" ao ido, o que supón un reforzo das súas posicións iniciais e un acto de coherencia.
 
[[Ficheiro:Ido Kongreso en Desau 1922.jpg|miniatura|300px|FotografaFotografía do Congreso Internacional de Ido en [[Dessau]], [[Alemaña]] en [[1922]].]]
Os primeiros promotores do esperanto resistíronse ás reformas e o propio inventor, [[L.L. Zamenhof]] non as aceptou. Ironicamente, algunhas reformas adoptadas polo ido foran así mesmo propostas varias veces por Zamenhof, aínda que só propuxo varias reformas para contentar a varios esperantistas que o pediron. En [[1894]], propuxo eliminar as letras acentuadas por ser "unha barreira na difusión da lingua", eliminar tamén o [[caso acusativo]], cambiar o plural -oj ao italián -i, e prescindir da concordancia adxectivo-substantivo por considerala un ''lastre superfluo''.<ref>[http://web.archive.org/web/20061211163715/http://www.geocities.com/paris/rue/8009/idolinguo/054_074.html]</ref> O hábito de manter inamovibles as regras básicas do esperanto aínda permanece grazas ao fundamento o esperanto sobreviviu ás guerras mundiais, conflitos internos do movemento e a calquera intento de debilitar o esperanto. Couturat, que foi o principal impulsor do ido, morreu nun accidente de coche en [[1914]], o cal, xunto á [[Primeira Guerra Mundial]] supuxo un serio revés ao movemento. A pesar de que este se recuperou en certo xeito durante período de entre-guerras todo o movemento para a instauración dunha lingua internacional sufriu un proceso de fragmentación tras a morte de Couturat. A publicación doutra lingua máis europeizada, o [[interlingue|occidental ou interlingue]], en 1922 supuxo o inicio dun proceso de atomización da comunidade e o ido perdeu a maior parte das súas publicacións periódicas. A ''deserción'' dun dos seus principais promotores, o lingüista danés [[Otto Jespersen]], en 1928 con ocasión da publicación da súa propia linguaxe (o [[novial]]), pareceu sentenciar ao ido. Despois das guerras mundiais, aos poucos levantouse o movemento idista, pero este comezou a perder membros e case todas as sociedades nacionais desapareceron, incluíndo a Academia de Ido. Actualmente existen un puñado de sociedades que son máis virtuais que reais aínda que é digno de destacar a sociedade idista de Berlín, o único club idista existente. Este club edita unha revista bilingüe alemán-ido e participa activamente na feira de idiomas de Berlín.
 
Liña 47:
Jespersen, que estivo presente durante o dez días que duraron as deliberacións do comité en París e que logo formou parte da comisión permanente, escribiu unha historia do ido.<ref>Jespersen, Otto. ''History of our Language (Ido)'' de 1912 [http://web.archive.org/web/19990116231741/http://www.geocities.com/athens/forum/5037/hist.html]. [http://web.archive.org/web/19990117055716/http://www.geocities.com/athens/forum/5037/ojhist.html Traducido do orixinal en ido]</ref>
 
Moitos promotores do esperanto atacaron ao ido durante anos. Un deles, Don Harlow (ver [[:eo:Don HARLOW|Don Harlow]] na Wikipedia en esperanto), escribiu unha historia do ido, concretamente no terceiro capítulo do seu ''O libro do esperanto'', "Como construír unha linguaxe".<ref>Harlow, Don. ''How to Build a Language'', capítulo 3.</ref> Algúns criticaron a validez da súa historia, ao que el respondeu nun capitulocapítulo, "Ido: Os inicios". Sexa como sexa, os partidarios do ido argumentan que a historia de Harlow non conta co testemuño de todas as partes, como fixo Jespersen. No entanto, está baseada en material doutras testemuñas como [[Émile Boirac]] e [[Gaston Moch]] e con fontes documentais ás cales Jespersen non puido ter acceso (como a correspondencia de Zamenhof con Couturat e outros durante ese período).
 
=== A comunidade actual de falantes ===