Tritongo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Isili0n (conversa | contribucións)
*Averiguar > pescudar, indagar ou investigar.
Liña 5:
No [[galego oriental]], onde os plurais dos nomes rematados en -''n'' se forman elidindo ese -''n'' e engadindo o sufixo -''is'', aparece tritongo se o -''n'' vai precedido de [[ditongo]]. Así ''traiciois'' (tradicións).
 
Tamén hai tritongos na fala de [[Goián, Tomiño|Goián]] e noutras que perderon o -''d''- en formas de conxugación como ''averiguaisfraguais'', ao xeito do [[Lingua portuguesa|portugués]] e o [[Lingua castelá|castelán]].
 
No mesmo galego común, palabras que rematan cos ditongos ''io'', ''ia'', ''ie'', ao formaren derivados con -ARIU, presentarán tritongo: ''comenencieiro'', ''especieiro''; á parte das voces pronunciadas ocasionalmente con rapidez ou descoido, do tipo ''cambiei'', ''fieito'', que regularmente soan ''cam-bi-ei'', ''fi-ei-to''.